É para min un honor falar para un público tan cualificado...
Como vostede moi ben sabe...
Diríxome a vostedes, os profesionais do mañá...
Como vostede moi ben dicía...
Dígollo a vostedes que saben moi ben o que queren...
Amigos, pode haber alguén máis afortunado que eu ao coñecerlles?...

Tamén podes cantar a benevolencia do público contándolles unha anécdota interesante ou graciosa (dá igual que sería verdadeira ou non), dando fé do creíble que es ou facéndolle algunha pregunta ao auditorio.

No caso de que o prefiras, podes seguir o seguinte esquema;

PREPARAR A ATENCIÓN

A) pedir atención. 

B) promesa da brevidade.

C) presentar o asunto de interese para o público. 

D) espertar a atención mediante emocións: apóstrofe, sentenza, prosopopeya, exemplos, comparación, metáfora, ironía.

PREPARAR A BENEVOLENCIA:

A benevolencia conséguese mediante o eloxio ou vituperio e ten marcado carácter dialéctico. Recursos:

A) Ab nostra persoa: encomio da nosa causa como merecedora de simpatía de todos os homes. 1º- 
B) Ab adversariorum persoa. Vituperio da parte contraria para quitarlle a simpatía do público. 
C) Ab iudicum persoa. Eloxio do público en relación co asunto.

D) A causa. Eloxio do punto de vista da causa propia e vituperio do punto de vista do adversario.


Modifié le: dimanche 17 novembre 2019, 18:11