Na refutatio tes que demostrar que os argumentos do teu rival -ou argumentos en contra da túa tese- non son válidos, é dicir, que son falacias. 

 Entre as falacias non formais debem ¡os diferenciar as seguintes:

Ad hominen: nose argumenta, senón que se ataca a persoa. Os neoliberais son escravos do capital. O seu candidato confésase neoliberal, polo tanto non vai defender os cidadáns.

Abaculum: en lugar de achegar argumentos, trátase de impoñeo razoamento recorrendo á ameaza e á posición de forzdo orador respecto ao interlocutor[O xefe aos seus empregados.] A empresa  poucos beneficios, necesitamos au­mentalos para non reducir persoal e  podemos facelo se traballamos unha hora diaria sen cobrar.

Avercun diam: o razoamento está fundamentado no costume da maioría ou dalgunha persoa coñecidaque non é autoridade sobre o tema que sestá a tratar. O economista Xosé López afirma que os xuros bancarios deben superar o 5% para que Europa medre. [Poderíanse achegar exemplos doutros economistas que opinen o contrario.]

Ad populumen lugar de recorrer a un razoamento, recórrese aos sentimentos e ás emocións. Todo o mundo sabe que a alta sinistralidade no tráfico está causada polo mal estado das estradas.

Ad ignorantiamesta falacia está baseada na imposibilidade de de­ mostrar o razoamento contrario. Os anxos son seres asexuados polo seu carácter divino.

Post hoc: a veracidade está fundamentada nunha relación causa-efecto qunon está demostrada. Os inmigrantes ilegais ocupan postas de traballo no país que os recibe. Nestes países receptores aumenta o paro ata o 20%. Se os inmigrantes non chegasen, paró descendería.

Premisa contraditoria: afirmación que se fai nunha parte do argumentarlo é incompatible co quse afirma na outra parte do razoamento. As aves teñen plumas. A miña almofada ten plumas. A miña almofada é unha ave.

Equívoco: esta falacia consiste en empregar fraseou palabras con di­ferentes sentidos dentro dun mesmo razoamento. Hai unha declaración dos dereitos fundamentais dos homes, pero falta a declara­ ción dos dereitosfundamentais das mulleres. [Neste caso, «homes» emprégase co seu significado inclusivo de 'seres humanos'.]

Ambigüidade: a argumentación faise a partir dpremisas dformu­lación ambigua ou confusa debido a unha redacción descoidada. Nun sentido son correctas, noutro son ambiguas. O home é intelixente de seu. As mulleres non son homes. As mulleres non son intelixentes de seu.

Falsa analoxía: o argumento baséase ecomparar situacións diferen­tes coma se fosen similares. Luís é mortal. Un gato é mortal. Luís é un gato.

Causa falsa: consiste en establecer o argumentarlo a partir dun feito que precede inmediatamente no tempo, pero que non ten relación di­recta con este. Se o candidato do meu partido non gaña as eleccións, a situación social do país se caótica, violenta e desastrosa.

Entre as falacias formais distinguese as seguintes:

Afirmación do consecuente: a falacia deste tipo constrúese de forma que, partindo dun razoamento condicional (se a, entón b), convértese o consecuente en antecedente. Cada vez que saio sen paraugas á rúa, chove. Dende hoxe sairei sempre co parau­gas, así non choverá.

Negaciódo antecedenteneste caso, partindo dun razoamento con­dicional, coma no caso anterior, o que se fai é negar o consecuente. Se chego a tempo irei á túa casa. Se non te vou visitar é porque non cheguei tempo. [Ternos que ter presente que este non vai ser o único motivo para que premisa se cumpra]

Disxunción falaz: partindo dunha disxunción, establécese que a afir­mación dun dos elementos implica automaticamenta negación da outra, pero que non ten por quser asíxa que as dúas non son ou non teñen que ser excluíntesA morte de Amy Winehouse é un asasinato ou un suicidio.

 

Última alteração: terça-feira, 3 de dezembro de 2019 às 17:40