Refutatio ou argumentos en contra.
Na refutatio tes que demostrar que os argumentos do teu rival -ou argumentos en contra da túa tese- non son válidos, é dicir, que son falacias.
Entre as falacias non formais debem ¡os diferenciar as seguintes:
Ad hominen: non se argumenta, senón que se ataca a persoa. Os neoliberais son escravos do capital. O seu candidato confésase neoliberal, polo tanto non vai defender os cidadáns.
Ad baculum: en lugar de achegar argumentos, trátase de impoñer o razoamento recorrendo á ameaza e á posición de forza do orador respecto ao interlocutor. [O xefe aos seus empregados.] A empresa dá poucos beneficios, necesitamos aumentalos para non reducir persoal e só podemos facelo se traballamos unha hora diaria sen cobrar.
Ad vere cun diam: o razoamento está fundamentado no costume da maioría ou dalgunha persoa coñecida, que non é autoridade sobre o tema que se está a tratar. O economista Xosé López afirma que os xuros bancarios deben superar o 5% para que Europa medre. [Poderíanse achegar exemplos doutros economistas que opinen o contrario.]
Ad populum: en lugar de recorrer a un razoamento, recórrese aos sentimentos e ás emocións. Todo o mundo sabe que a alta sinistralidade no tráfico está causada polo mal estado das estradas.
Ad ignorantiam: esta falacia está baseada na imposibilidade de de mostrar o razoamento contrario. Os anxos son seres asexuados polo seu carácter divino.
Post hoc: a veracidade está fundamentada nunha relación causa-efecto que non está demostrada. Os inmigrantes ilegais ocupan postas de traballo no país que os recibe. Nestes países receptores aumenta o paro ata o 20%. Se os inmigrantes non chegasen, o paró descendería.
Premisa contraditoria: a afirmación que se fai nunha parte do argumentarlo é incompatible co que se afirma na outra parte do razoamento. As aves teñen plumas. A miña almofada ten plumas. A miña almofada é unha ave.
Equívoco: esta falacia consiste en empregar frases ou palabras con diferentes sentidos dentro dun mesmo razoamento. Hai unha declaración dos dereitos fundamentais dos homes, pero falta a declara ción dos dereitosfundamentais das mulleres. [Neste caso, «homes» emprégase co seu significado inclusivo de 'seres humanos'.]
Ambigüidade: a argumentación faise a partir de premisas de formulación ambigua ou confusa debido a unha redacción descoidada. Nun sentido son correctas, noutro son ambiguas. O home é intelixente de seu. As mulleres non son homes. As mulleres non son intelixentes de seu.
Falsa analoxía: o argumento baséase en comparar situacións diferentes coma se fosen similares. Luís é mortal. Un gato é mortal. Luís é un gato.
Causa falsa: consiste en establecer o argumentarlo a partir dun feito que precede inmediatamente no tempo, pero que non ten relación directa con este. Se o candidato do meu partido non gaña as eleccións, a situación social do país será caótica, violenta e desastrosa.
Entre as falacias formais distinguese as seguintes:
Afirmación do consecuente: a falacia deste tipo constrúese de forma que, partindo dun razoamento condicional (se a, entón b), convértese o consecuente en antecedente. Cada vez que saio sen paraugas á rúa, chove. Dende hoxe sairei sempre co paraugas, así non choverá.
Negación do antecedente: neste caso, partindo dun razoamento condicional, coma no caso anterior, o que se fai é negar o consecuente. Se chego a tempo irei á túa casa. Se non te vou visitar é porque non cheguei a tempo. [Ternos que ter presente que este non vai ser o único motivo para que a premisa se cumpra]
Disxunción falaz: partindo dunha disxunción, establécese que a afirmación dun dos elementos implica automaticamente a negación da outra, pero que non ten por que ser así, xa que as dúas non son ou non teñen que ser excluíntes. A morte de Amy Winehouse é un asasinato ou un suicidio.