O exordio busca facer ao auditorio benévolo, atento e dócil. A súa función é sinalizar que o discurso comeza, atraer a atención do receptor, disipar animosidades, granjear simpatías, fixar o interese do receptor e establecer o tema, tese ou obxectivo.

Análise da proposición é unha enunciación breve e clara do tema que se vai a tratar. Para iso temos que analizar e explicar brevemento o tema. 

Enunciación da tese: Unha vez explicado o tema, debemos deixar claro cal é a nosa opinión. 

A argumentación é a parte onde se aducen as probas ou argumentos que confirman a nosa tese.  

A conclusión resume e sintetiza o que foi desenvolvido para facilitar o recordo dos puntos fortes e lanzar a apelación aos afectos. Ademáis de resumir o dito até o momento, temos que deixarlle ao auditorio un bo sabor de boca que lles faga recordar o que vimos de dicir.

 

Última modificación: domingo, 17 de noviembre de 2019, 17:50