Foro de dúbidas

Correccións , envío arquivos corrixidos, actualización datos

Correccións , envío arquivos corrixidos, actualización datos

por Utilizador apagado -
Número de respostas: 0

Ola, quería comentar varios asuntos que ao mellor vós podedes resolver.

1. Cando marco un alumno/a para corrixir teño que ir ao fondo de todo da páx para mover a barra espaciadora e ver o traballo. E cando reviso os arquivos corrixidos pásame igual. Non sei se hai outra forma máis rápida.

2. Se quero cambiar un arquivo corrixido dos enviados, non sei como facer, por agora borreinos pero non sei como fixen.

3. Non me garda os cambios de engadir arquivos corrixidos.

4. Hai algunha forma de cargar os arquivos corrixidos todos xuntos pero cada un para o/a alumno/a correspondente??

5. Nun caso que tiven que volver revisar, descargoume un traballo doutro alumno e pensei que eran copiados .