O primeiro tema vai ser o seguinte :

Formación da lingua galega ata o século VIII

Período prerromano

O galego é o resultado da evolución no noroeste da Península Ibérica do latín vulgar traído por colonizadores, lexionarios e funcionarios romanos nos séc. II e I  a. C.

Antes da chegada dos romanos en Galicia vivían pobos mesturados, ágrafos (sen escritura) ,carentes de unidade lingüística, e enfrontados entre si.

A chegada do latín supuxo o inicio dun proceso de asimilación cultural. Paulatinamente irán desaparencendo as linguas anteriores e impoñéndose o latín

Pero é evidente que quedaron trazos  das linguas autóctonas prerromanas, sobre todo na toponimia e no léxico común. O romance galego parece manifestar un acusado substrato celta.

A decadencia do Imperio Romano producirase pola presión dos pobos xermánicos, que precipitan a súa ruptura lingüística,administrativa e cultural.

Na etapa que vai do século V ata o IX nacerán as actuais linguas peninsulares (agás o vasco).  Neste intervalo de tempo prodúcense novas migracións que se traducen en influencias lingüísticas : os  superestratos xermánico e árabe ,

A romanización foi un proceso gradual e non simultáneo. Será a partir do séc. III cando se impoña o latín vulgar como lingua oficial, en todo o territorio, da que se orixinará o galego.