presentación do proxecto final
Ao rematar esta unidade terás que elaborar un breve texto escrito para solicitar a inscrición nun curso de portugués:
Fíxate neste anuncio:
Instituto LINGUAE
Português para estrangeiros no Algarve
Cursos intensivos
Para informaçoes:
instituto.linguae ∂ sapo.pt
_______________________________________________________________________________________________________________________________________
A tarefa final da unidade consistirá en escribir un correo eléctrónico ao "Instituto Linguae" solicitando información sobre o curso.
Para iso deberás:
- Presentarte.
- Pedir información sobre datas, duración e custo dos cursos e falar sobre a túa disponibilidade horaria.
- Explicar os motivos polos que queres aprender portugués.
- Despedirte.