A competencia xeral do título de técnico en instalacións de telecomunicacións consiste en montar e manter instalacións de telecomunicacións e audiovisuais, instalacións de radiocomunicacións e instalacións
domóticas, de acordo coa normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, de xeito que se asegure a súa funcionalidade e o respecto ambiental.
O módulo profesional de Formación e Orientación Laboral preséntase en dúas Unidades Formativas:
- Unidade formativa 1: Prevención de riscos laborais (45 horas)
Os contidos básicos desta unidade son: Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral, avaliación de riscos profesionais, planificación da prevención de riscos na empresa, aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.
- Unidade formativa 2: equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, e procura de emprego (62 horas)
Os contidos básicos desta unidade son: Xestión do conflito e equipos de traballo, contrato de traballo, seguridade social, emprego e desemprego e a procura activa de emprego.