Section outline

  • E seguimos co estudo da Estadística.  O rematar ésta unidade de traballo, teremos que ser capaces de:

    - Realizar un estudo estadístico completo, seleccionando unha mostra axeitada .

    - Diferenciar os tipos de datos que podemos estudar para facer un reconto axeitado e unha táboa de frecuencias significativa.

    - Organiza-los datos estadísticos ( diagramas de barras, diagramas de sectores, histogramas, polígono de frecuencias,...)

    - Calcular a media, a moda e a mediana dun estudo estadístico a partir da recollida de datos ou gráficas e analizar a súa importancia e significado.

    - Analizar de forma conjunta os parámetros de centralización e dispersión calculando o coeficiente de variación para chegar a conclusións máis descriptivas como saber se unha distribución é dispersa ou está centrada na media.

    - Comparar os resultados estadísticos de dúas poboacións diferentes a partir da tipificación de variables.