Neste espazo poñereivos información que vos poida ser de interese de cara a que estudos realizar no voso futuro máis próximo (ofertas formativas que tedes nos distintos espazos, FP, universidade, ensinanzas de réxime especial, etc.), e calquera outra información que vos poida ser de interese.

Ola!

Compártovos a información das probas de acceso para entrar en ciclos medios de FP, para todos/as aqueles/as que non teñades expectativas de aprobar a ESO neste curso e queirades acceder. 

TEDES QUE TER NACIDO NO ANO 2007 OU ANTES. É dicir, ter 17 anos ou máis, ou cumprir os 17 este curso, se non non a podedes facer.

O primeiro ficheiro é un resumo feito por min da información máis relevante.

O segundo é o documento onde sae toda a información completa (Orde do 21 de decembro de 2023).

O terceiro é, de novo, a oferta de ciclos de FP que hai en Galicia, ordenados por familias profesionais.

Os restantes son exemplos dos exames de cada materia das probas de anos anteriores. Se queredes máis exemplos ou calquera información a maiores, podedes entrar na páxina web da FP de Galicia (poñendo FP Xunta no buscador de Google xa vos sae) ou preguntarme todo o que queirades, tanto por correo (prouco@edu.xunta.gal), como buscándome no instituto.

O prazo de inscrición nestas probas é do 26 de febreiro ao 8 de marzo deste ano. Andade atentos/as e que non se vos esqueza, se estades interesados/as

De calquera cousa me dicides, moito ánimo!

Ola!

Compártovos a información das probas de acceso para entrar en ciclos superiores de FP, para todos/as aqueles/as que non teñades expectativas de aprobar o bacharelato neste curso e queirades acceder. 

TEDES QUE TER NACIDO NO ANO 2005 OU ANTES. É dicir, ter 19 anos ou máis, ou cumprir os 19 este curso, se non non a podedes facer.

O primeiro ficheiro é un resumo feito por min da información máis relevante.

O segundo é o documento onde sae toda a información completa (Orde do 21 de decembro de 2023).

O terceiro é, de novo, a oferta de ciclos de FP que hai en Galicia, ordenados por familias profesionais.

Os restantes son exemplos dos exames de cada materia de probas de anos anteriores. Se queredes máis exemplos ou calquera información a maiores, podedes entrar na páxina web da FP de Galicia (poñendo FP Xunta no buscador de Google xa vos sae) ou preguntarme todo o que queirades, tanto por correo (prouco@edu.xunta.gal), como buscándome no instituto.

O prazo para matricularse nestas probas é do 29 de xaneiro ao 9 de febreiro deste ano.