LECTURA OBRIGATORIA

Chamádeme Simbad de Francisco Castro (Galaxia)

LECTURAS VOLUNTARIAS

  • Atraco no banco de Manuel Núñez Singala (Galaxia).
  • O achado do castro de Manuel Núñez Singala (Galaxia).
  • 13 avisos de Paula Carballeira (Xerais).
  • Bala perdida de Manuel Rivas (Xerais).
  • As meigas de Lupa de María Solar (Xerais).

O alumnado recibirá 0,1 puntos por demostración de cada lectura (máximo: 0,5 puntos).

A demostración da lectura comprobarase mediante a realización dunha ficha de lectura (modelo común colgado na aula virtual do curso) e mais cun cuestionario oral que a profesora lle realizará ao alumnado unha vez entregada a ficha.

O alumnado deberá avisar á profesora de que obra ou obras voluntarias quere ler.

A data máxima de entrega da ficha ou fichas de lectura é o 6 de marzo. Non se recollerá ningunha ficha fóra desta data.

Última modificación: jueves, 29 de enero de 2026, 19:10