Como parte da conmemoración do 50 aniversario do centro, decidiuse convocar un concurso para seleccionar un logotipo identificativo do 50 aniversario, que será empregado na documentación, cartelería, actos etc. vinculados á efeméride. O concurso vai destinado a todo o alumnado do instituto e o prazo para presentar os traballos exténdese ata o 1 de decembro.


Achego as BASES DO CONCURSO, que colocarei no taboleiro da aula:

CONCURSO PARA O DESEÑO DO LOGOTIPO DO 50 ANIVERSARIO DO  IES ALEXANDRE BÓVEDA 
1. Obxecto do Concurso 
O presente concurso ten como obxectivo seleccionar o logotipo identificativo que se empregará na conmemoración do 50 aniversario do Instituto de Educación Secundaria Alexandre Bóveda de Vigo. O deseño gañador será empregado como marca distintiva nos documentos, actos etc. vencellados á efeméride. 
2. Participantes 
Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Alexandre Bóveda durante o curso académico 2025-2026. 
3. Tema 
O logotipo deberá representar o 50 aniversario do instituto, incluíndo obrigatoriamente a inscrición “1976-2026” 
4. Requisitos do Traballo 
● Poderanse presentar traballos tanto en soporte papel como en formato dixital, pero sempre entregados impresos. 
● O tamaño do traballo debe ser en formato A4 (210 x 297 mm). 
● Os traballos en papel poden ser realizados con calquera técnica (debuxo, pintura, collage, etc.), sempre tendo en conta a finalidade do deseño. 
● Os traballos en formato dixital deben ser impresos en alta calidade (sen pixelación) e  entregados en soporte físico (por exemplo, papel fotográfico, folio normal, etc.). 
5. Presentación dos Traballos 
● Cada participante poderá presentar un único traballo. 
● Os traballos deben presentarse sen firma, identificándose unicamente cun pseudónimo. 
● Xunto co traballo entregarase un sobre pechado co pseudónimo empregado no traballo por fóra. O sobre conterá:  
○ Nome e apelidos do/a participante 
○ Curso e grupo 
● Os traballos serán depositados en Vicedirección durante os recreos.

6. Prazo de Presentación 
● Os traballos poderán entregarse ata o día 1 de decembro de 2025 na Secretaría do instituto. 
7. Xurado 
● O xurado estará composto por membros do profesorado. 
● A súa decisión será inapelable. 
8. Premios 
● O traballo gañador será utilizado como logotipo oficial do 50 aniversario do instituto. 
● O autor ou autora recibirá un diploma acreditativo e un agasallo sorpresa. 
9. Propiedade Intelectual 
● Os dereitos de uso do logotipo seleccionado pasarán ao IES Alexandre Bóveda, que poderá  empregalo para todas as actividades relacionadas co 50 aniversario. 
● O logotipo gañador será susceptible de modificacións de forma e/ou contido co fin de  adaptalo ao soporte ou deseño para os que será empregado. 
10. Aceptación das Bases 
A participación neste concurso implica a aceptación total destas bases.

Última modificación: luns, 6 de outubro de 2025, 6:13 PM