A proposta principal é que o alumnado lea o capítulo entre o 23 de Abril e o 1 de Maio. Para iso podemos compartilo nas aulas virtuais ou por mail.

O capítulo en castelán pode lerse aquí.

Unha vez logrado isto podemos realizar diversas actividades por materia e curso, dependendo do aspecto no que queramos centrarnos.

TECNOLOXÍA/TIC:

  • a tecnoloxía do submarino (como funciona un submarino?)
  • o submarino de Isaac Peral (que pode verse no museo do mar de Vigo)
  • Os primeiros buzos: o sistema de respiración Rouquayrol
  • Como ter luz baixo do mar: Bobina de induccion: A lampada eléctrica Ruhmkorff
  • A tecnoloxía do submarino de Verne
  • mapas/cartografía: como medir a lonxitude e a latitude no mar
  • A actividade en TIC é facer un mapa personalizado en Google Maps ou Open Street Map

LITERATURA(S):

  • Lectura comentada, comprensiva...
  • Jules Verne, a literatura de divulgación científica no século XIX
  • A ciencia ficción
  • O capitán Nemo como personaxe de ficción

HISTORIA E XEOGRAFÍA:

  • a batalla de Rande e os seus referentes históricos
  • o século XIX como época de grandes navegadores e exploradores
  • o colonialismo europeo no mundo

FÍSICA:

  • O principio de Arquímedes
  • Hidrodinámica (cal é a mellor formas para un subamarino e por que?)

FRANCÉS:

MATEMÁTICAS:

  • mapas/cartografía: como medir a lonxitude e a latitude no mar

FILOSOFÍA / VALORES ÉTICOS:

  • O capitán Nemo coma "El Ché Guevara" de ficción: terrorista ou loitador pola liberdade dos pobos oprimidos/colonizados?

PLÁSTICA:

  • debuxa o teu submarino (podes inspirarte no Yellow Submarine de The Beatles)
  • debuxa un fondo do mar:
    • real, como o que pode haber na ría de Vigo (investiga o tipo de animais que viven nas rías baixas)
    • abisal, cheo de krakens e outros monstros mariños

MÚSICA:

  • escoita a canción YELLOW SUBMARINE  e analiza aspectos da letra relativos á época dos hippies...
  • (na peli YELLOW SUBMARINE aparece un capitán baseado no Capitán Nemo)

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA:

  • O ecosistema das rías
  • A formación xeolóxica das rías
Última modificación: domingo, 7 de noviembre de 2021, 11:54