Erro en pregunta

Erro en pregunta

por Luis Antonio Saldaña Villa -
Número de respostas: 0

Na pregunta sobre a o filósofo que concebía a ética como a loita entre corpo e alma , a resposta correcta é Platón, non Aristóteles (o libro está mal).

  • Platón creía que a parte racional debía controlar / guiar á irracional de tal xeito que os desexos (tradicionalmente asociados ao corpo) non se impuxeran á razón. De aí nacería a virtude ética.
  • Aristóteles, discípulo de Platón, creía que as virtudes éticas xurdían a través da elección racional (en concreto dunha virtude racional -tamén chamada dianoética- chamada sophrónesis ou prudencia) do termo medio entre dous extremos viciosos (por exemplo, a coraxe sería o termo medio entre a cobardía e a imprudencia).

Polo tanto, en rigor, a resposta correcta é Platón e o libro está mal. O dualismo corpo - alma e a súa problemática son platónicos, non aristotélicos.