Apuntes 2: O Ultimate
| Site: | Aula Virtual do IES Alexandre Bóveda |
| Cours: | Educación Física | 1º BAC |
| Livre: | Apuntes 2: O Ultimate |
| Imprimé par: | Guest user |
| Date: | lundi 18 mai 2026, 19:45 |
Description
O ULTIMATE
Un deporte sen árbitro

O ULTIMATE E AS SÚAS REGRAS DE XOGO
Qué é o Ultimate?
Como sabedes o Ultimate é un Deporte que ten unha peculiaridade co seu ESPIRITU DE XOGO: OS ÁRBITROS SON OS PROPIOS XOGADORES. Ademáis de traballar as habilidades motrices básicas e específicas, e a condición física, promove outro tipo de valores:

As regras de xogo
Como os xogadores son os árbitros, tedes que coñecer o regulamento para xogalo. A continuación tedes as regras do Ultimate.:
- Resumo das regras da Federacion Española de Disco Voador(FEDV)
- Regras oficiais de xogo do Ultimate
- Regras oficiais de Ultimate praia
Resumo das 10 regras básicas
Agora que empeza o bo tempo tedes un Resumo das 10 regras básicas para empezar a xogar (na praia):
1. Campo de xogo - rectangular cunha área de gol en cada lado. Segundo as regras, debe medir 75-100 metros de longo e 25-37 de ancho, cunha área de gol de 15-25 metros de profundidade en cada lado.
2. Inicio do xogo – cada punto empeza con ambos os equipos aliñados dentro da súa propia área de gol. O equipo que empeza defendendo lanza o disco ao equipo que ataque. Permítense 5-7 xogadores por equipo no campo.
3. Puntos – cada vez que o ataque completa un pase dentro da área de gol
contraria, o ataque marca un punto. O equipo que marca o punto reinicia o
xogo cun saque ao equipo contrario para que ataque.
4. Movementos co disco – o disco pode ser lanzado en calquera dirección
para pasalo a un compañeiro de equipo. Non se pode correr/andar co disco. O xogador co disco debe soltalo antes de 5-7-10 segundos. O xogador que defende á persoa con disco conta os segundos en voz alta.
5. Cambio de posesión – cando o pase non se completa (o disco sae fóra do campo, cae ao chan, é interceptado ou bloqueado pola defensa) o equipo contrario gana a posesión do disco.
6. Substitucións – permítense as substitucións de xogadores cando se marca un punto e antes de iniciar o seguinte cun saque.
7. Sen contacto físico – Non se permite ningún tipo de contacto entre xogadores. Os bloqueos ou pantallas están prohibidos. Calquera contacto entre xogadores pode ser considerado como falta.
8. Faltas – Cando un xogador inicia contacto con outro xogador, é falta. Se devandita falta implica que o disco foi quitado da man doutro xogador, o xogador atacante recupera a posesión.
9. Autoarbitrado – Todos os xogadores son responsables de chamar as faltas. Tras unha falta deben poñerse de acordo se a mesma se acepta ou rexéitase.
10. Espírito de Xogo – deportividade e xogo limpo. Foméntase a competitividade, pero ante todo debe prevalecer o respecto entre xogadores, o cumprimento das regras e o desfrute de xogar.
VÍDEOS SOBRE O ULTIMATE E AS SÚAS REGRAS DE XOGO:
Nos seguintes vídeo podedes ver qué é o Ultimate e como se xoga e un resumo das regras de xogo:
- Ultimate Frisbee, un deporte sen árbitro!:
- Cómo se xoga ao Ultimate Frisbee:

O ULTIMATE E O ULTIMATE PRAIA
A continuación veredes as diferenzas e en que consisten estas dúas modalidades do xogo:
- Número de xogadores: en céspede son 7x7 en praia 5x5.
- Espazo de xogo: en céspede o campo é de 100x37 metros e en praia xógase en 75x25 metros.
Votade unha ollada ao vídeo seguinte onde se explican estas diferenzas, máis os tipos de lanzamentos que veremos con máis detalle máis abaixo e no seguinte capítulo:
- O Ultimate frisbee, así se xoga:
Podedes visitar a páxina web da Federación española de disco voador se que redes saber máis sobre outras modalidades de deportes con disco voador, como o Disco Golf, .... :
>> Federacion Española de Disco Voador(FEDV)
OS PRINCIPAIS TIPOS DE LANZAMENTOS:
No seguinte vídeo podedes ver os principais tipos básicos de lanzamentos que debedes controlar para poder xogar ao Ultimate:
- Backhand ou de revés
- Forehand ou de dereita
- Hammer ou martelo
No seguinte capítulo veremos a técnica dos lanzamentos e as recepcións.

Imos ver os concepto técnicos básicos que nos permitirán, xunto co coñecemento das regras, participar nun partido de ultimate:
OS LANZAMENTOS BÁSICOS
A) Backhand ou de Revés:
Pemite realizar un pase a un compañeiro de equipo polo lado dereito do noso defensor (marca), cando éste se atopa enfronte nosa.

B) Forehand ou de Dereita:
Pemite realizar un pase a un compañeiro de equipo polo lado esquerdo do noso defensor (marca), cando éste se atopa enfronte nosa. Tamén se lle chama Flick e igual que o anterior pódese facer a distintas alturas alto, medio e baixo.

B) Hammer ou de Martelo:
Pemite realizar un pase a un compañeiro de equipo por encima do noso defensor (marca), cando éste se atopa enfronte nosa.

OS LANZAMENTOS AVANZADOS
20 tipos de lanzamentos de Ultimate:
Neste vídeo poderedes ver lanzamentos máis avanzados.

Imos ver os concepto técnicos básicos que nos permitirán, xunto co coñecemento das regras, participar nun partido de ultimate:
A RECEPCIÓN
É o concepto técnico que utilizamos para coller o disco que ven dun lanzamento. A continuación tedes os principais tipos de recepción:
A) En salto
B) De pé

C) De pinza
Pode ser de dous tipos por encima da cintura ou por debaixo. Éstes pódense facer con unha ou dúas mans:

D) Crocodilo ou aplauso (Clap catch)
Os brazos actuán como unha mandíbula dun crocodilo:

- Vídeo | Os tipos de recepción no Ultimate:
Neste vídeo explícase os tipos de recepción (crocodilo e as pinzas) no deporte do utlimate. Fixadevos na posición das mans e dos dedos:

Tactica Colectiva: STACKS ou FORMACIÓNS
A) DE ATAQUE
No últimate denomínanse Stacks ou formacións iniciais. A coninuación veremos as principais formacións de ataque.
A.1. Formación Horizontal
No exemplo seguinte vedes unha formación horizontal das liñas para facilitar a saída do disco que se atopa lonxe da zona de gol. Este exemplo é dun 5X5:

A.2. Formación Vertical
No exemplo seguinte vedes unha formación vertical das liñas que se utiliza cando o disco se atopa preto da zona de gol. Este exemplo é dun 5X5:

B) DE DEFENSA
A Defensa se establece Individual e con Cambios de opoñente na marcaxe (por exemplo como nun corte dos atacantes ou un cruce). Para opoñerse as formacións anteriores utilizanse formacións para forzar a banda ou negar o centro:
B.1.1 Forzar a liña
o defensor presiona ao xogador par que teña que xogar polas bandas e provocar así que haxa unha intercepción ou que o disco saia pola liña de banda :

B.1.1 Forzar o fronte
O defensor presiona ao xogador para que non poida avanzar verticalmente e orzar un pase cara atrás e sacar ao equipo de zonas preta da nosa zona de gol:

PRINCIPOS TÁCTICOS E CONCEPTOS BÁSICOS


