Apuntes 2: O Ultimate

O ULTIMATE E O ULTIMATE PRAIA

A continuación veredes as diferenzas e en que consisten estas dúas modalidades do xogo:

  • Número de xogadores: en céspede son 7x7 en praia 5x5.
  • Espazo de xogo:  en céspede o campo é de 100x37 metros e en praia xógase en 75x25 metros.
Dimensións en céspede
Dimensión en praia

Votade unha ollada ao vídeo seguinte onde se explican estas diferenzas, máis os tipos de lanzamentos que veremos con máis detalle máis abaixo e no seguinte capítulo:

  • O Ultimate frisbee, así se xoga:

Podedes visitar a páxina web da Federación española de disco voador se que redes saber máis sobre outras modalidades de deportes con disco voador, como o Disco Golf, .... :

>> Federacion Española de Disco Voador(FEDV)

OS PRINCIPAIS TIPOS DE LANZAMENTOS:

No seguinte vídeo podedes ver os principais tipos básicos de lanzamentos que debedes controlar  para poder xogar ao Ultimate:

  • Backhand ou de revés
  • Forehand ou de dereita
  • Hammer ou martelo

No seguinte capítulo veremos a técnica dos lanzamentos e as recepcións.