TAREFA CIRCUNFERENCIAS E CÍRCULOS
Dúas opcións:
A)
1) Debuxar no centro dunha lámina DIN A 4 unha circunferencia, de tamaño mediano (4-5 cm de radio), e dividila en partes iguais (de 6 a 12 partes).
2) Despois, tomar un radio calquera, que sexa pequeno, de entre 1 e 3 cm, dependendo do grande que sexa a circunferencia base (a do paso 1, sobre a que van xirar as demais).
3) Debuxar unha circunferencia de radio o que elixiches no paso 2 (ou ruleta) con centro en cada unha das divisións da circunferencia que fixeches no paso 1 (circunferencia base).

https://fisicachevere.wordpress.com/notas-de-clase/mecanica/movimiento-circular-uniforme/
B)
Esta opción é un chisco máis compricada, pero, aceptas o reto?
1) Este paso é idéntico ó paso 1 da opción A: debuxar unha circunferencia duns 4-5 cm de radio no centro dunha lámina e dividila en 6-12 partes iguais (cantas máis, mellor). Ó seu centro o chamaremos O.
2) Facemos unha circunferencia concéntrica pequena no interior da circunferencia do paso 1. Vai determinarnos os centros da ruleta ou circunferencia que xira, xa que cruza a tódalas liñas de división.
3) Tomamos o centro que está xunto baixo o centro da circunferencia do paso 1 (O) e o anotaremos como O1. Logo ó centro que está á esquerda de O1, o chamaremos O2, e así con tódolos centros ata chegar de novo a O1.
4) Nomearemos a división da circunferencia base que se corresponde con O1 coma 1, e así con tódalas divisións ata dar de novo con 1.
5) Tomamos o radio O1-1. Debuxamos esa circunferencia. Logo tomamos de radio O2-2 (é a mesma medida que O1-1, non movas o compás, pero facendo centro en O2) e trazamos outra circunferencia. Así, sucesivamente, facemos o mesmo con tódolos centros.
6) Quedaranos un conxunto de circunferencias que só comparten un punto coa circunferencia do paso 1 (ou o que é o mesmo, tanxentes a ela). Estas circunferencias forman, á súa vez, un efecto moi bonito: cos seus extemos pódese formar outra circunferencia concéntrica á de base.
