Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. EPVAUXIA
  3. Fractais e circunferencias
  4. TAREFA EXERCICIO TIPO FRACTAL (ENTREGA)

TAREFA EXERCICIO TIPO FRACTAL (ENTREGA)

Requisitos do completado
Abertas: sábado, 27 de marzo de 2021, 12:00 AM
Pendente: martes, 15 de xuño de 2021, 1:00 AM

Para Semana Santa e á volta practicaremos con tres transformacións xeométricas (procedimiento por el que modificamos una figura, de maneira que a un punto nun plano correspóndelle outro, logo de aplicarlle a modificación):

  • Traslación (mover unha figura de sitio, punto a punto, unha determinada distancia (por exemplo, 2 centímetros) e nun sentido e dirección concretos (cara á dereita e en dirección horizontal).
  • Xiro (como na traslación, movemos unha figura, pero seguindo un determinado ángulo e sentido, que pode ser cara á dereita (dextróxiro) ou cara á esquerda (levóxiro). É o que estamos a practicar coas circunferencias.
  • Semellanza, que é a relación entre dúas ou máis figuras que teñen a mesma forma, pero distinto tamaño.

Faremos un debuxo de tipo fractal, preferiblemente a man alzada, pero coa posibilidade de melloralo co material de Debuxo Técnico (escuadro, cartabón, regra).

Hai dúas opcións de exemplo e fica aberta a opción a intentar unha composición propia, libre, mais co mesmo procedemento (xiro e semellanza de tódalas figuras).

O debuxo definitivo o faredes a lapis 4B ou tinta (estilógrafo, rotulador) sobre unha lámina de Debuxo formato (forma do papel) DIN A4 (tamaño folio). Debe ocupar toda a lámina, agás o espazo fóra do recadro, se xa vén con el.

Ademais de realizar, darédeslle cor, en harmonía, de xeito que non haxa máis de dúas gamas de cores (laranxas e amarelos, por exemplo). As cores con máis intensidade e luminosidade (as máis fortes e craras), situádeas no centro da lámina, e as máis grisáceas e escuras, cara os extremos.

  • 20200416_205444.jpg 20200416_205444.jpg
    8 de febreiro de 2026, 11:14 PM
  • 20200416_205822.jpg 20200416_205822.jpg
    8 de febreiro de 2026, 11:14 PM
  • 20200416_210656.jpg 20200416_210656.jpg
    8 de febreiro de 2026, 11:14 PM
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle