Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. EF | 1º BAC
  3. Melloro a miña condición física
  4. TAREFA Nº 1: O Quecemento musicado

TAREFA Nº 1: O Quecemento musicado

Requisitos do completado
Abertas: domingo, 19 de outubro de 2025, 1:16 PM
Pendente: domingo, 16 de novembro de 2025, 11:59 PM

TRABALLO POR PEQUENOS GRUPOS PARA A ELABORACIÓN DUN QUECEMENTO PARA A EXPOSICIÓN NAS CLASES

Duración

 A duración do quecemeto non debe ser superior a 10 minutos, ainda que hay que ter en conta a temperatura ambente e a da sala (a mais frío mais longo será o quecemento).

 

Data de entrega da tarefa do quecemento musicado: 6 de decembro

FORMATO DOS ARQUIVOS NA ENTREGA:

  • Formato de entrega: preferiblementen en formato *.pdf. E no nome do arquivo apareza: o titulo do traballo, nomes e apelidos dos integrantes do grupo, o curso e máis o grupo (por exemplo: "Traballo Plan persoal de IAGO ASPAS JUNCAL e ÓSCAR MINGUEZA GARCÍA de 4ESO B.ods") .

  • No caso de poñer un enlace compartindo un documento online (google docs,...) facedeo de xeito correcto (p.e.: que non clique na ligazón e me apareza a pantalla de solicitar o acceso para ver o documento). Tedes a opción de exportalo en pdf. Neste suposto non corrixirei o traballo.

  • Todos os grupos teredes que facer a entrega na tarefa do aula Virtual xa expostos ou non. 

  • Non esquezades poñer na entrega da tarefa e no traballo/documento achegado os seguintes datos:
    • Nome e apelidos dos integrantes do grupo na portada

    • Igualmente na portada o curso e grupo (p.e.: 1º Bac B)

    • E na primeira páxina despois da portada ou índice quen fixo cada parte neste traballo

CRITERIOS DE CALIFICACIÓN DO TRABALLO:

  • Sobre o contido:
    • Portada: Título, grupo e curso e integrantes do grupo (0,5 PTOS)
    • Índice (0,5PTOS.)
    • Contidos: (6-7,5 PTOS.)
      • Responsables da confección de cada unha das partes do traballo (1 PTO.)
      • Referencias bibliográficas utilizadas para a súa elaboración, tanto dos contidos como das imaxes (1 PTO.)
      • Exercicios con explicación específica e descrición gráfica dos mesmos (4 PTOS.)
      • Control dos tempos de cada unha das partes do quecemento
      • A música utilizada: 
        • Elaboración propia dun audio axeitado os tempos de cada unha das partes e achega do mesmo como adxunto na tarefa (1,5 ptos.)  
        • Ou a páxina ou ligazón de onde se extraeu o/os tema/s musicais seleccionados. (0,5-1 PTO.)
    • Presentación: (1 PTO.) 
      •  Valorarase a forma de presentación do traballo: orde, limpeza,... (0,5 PTOS.)
      • Entrega no formato requerido e dentro do prazo límite requerido (0,5 PTOS.)
    • Observacións e comentarios: Conclusións persoais da elaboración do traballo (0,5 PTOS.)

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle