Sección: Ferramentas audiovisuais I | TIC II curso 25/26 | AV

Página principal del curso

Ferramentas audiovisuais I

  • Ferramentas audiovisuais I

    • Escena de The Joker bailando

    • 1ª TAREFA DE EDICIÓN VÍDEO

      • Baixar o vídeo de proba e engadilo en Openshot
      • Cortar 10 segundos aprox.
      • Engadir un título antes do vídeo
      • Engadir un título dende o segundo 4 ata o 8
      • Engadir un título de crédito ao final do vídeo
      • Gardar e Renderizar (exportar) en formato MP4 (h.264), resolución 1024 e calidade media
      • Non tes que entregalo, só mostrar en clase ao profe
    • 2ª Tarefa: efectos básicos

      Recorta o vídeo de The Joker cada 10 segundos (aprox.) dende que está na escalera e aplica os seguintes efectos:

      • nos primeiros 20 segundos (o ascensor) un esvaecemento de entrada e outro de saída
      • 20-30 s: rotar 90º
      • 30-40 s: rotar 180º
      • 40-50 s: ampliar de 50% a 100%
      • 50 - 60 s: reducir de 100% a 50%
      • 60 - 70 s: reducir a 1/4 tamaño arriba á esquerda
      • 70 - 80 s: reducir a 1/4 tamaño abaixo á dereita
      • 80 - 90 s: avanzar ao dobre de rápido (2x)
      • 90 - 100 s: avanzar á metade de velocidade (1/2 x)
      • 100 - 110 s: conxelar e ampliar 2 s
      • 110 - ata o final: separar o son
    • 3ª Tarefa : videoclip con fotos

      Tes que baixar un videoclip, separar o son e logo queremos crear un videoclip con fotos escollidas por ti, cando menos catro (se queres máis notas podes facer algunha foto ;-)

      Para baixar o videoclip podes usar Clipgrab.

      En cada foto hai que aplicar algún efecto progresivo de cámara usando propiedades ou transformar: zoom, panorámica, ampliación, rotación...

      Non podes repetir efecto en dúas fotos.

      Nos títulos de crédito finais tes que poñer o listado de efectos e a orixe das fotos, así como os créditos da canción.

    • 4ª TAREFA: EFECTOS NON BÁSICOS E PROGRESIVOS

      Práctica audiovisual: aplica efectos nun clip.

      Tes que coller un clip, cortalo en trozos de 10 s e aplicar efectos dos que veñen en Openshot en cada clip. Proba cando menos os seguintes:

      • desprazamento de cores (RGB) - todo o clip ou progresivo
      • recorte da imaxe - todo o clip
      • brillo e contraste ou matiz - todo o clip
      • saturación - progresivo
      • onda - progresivo
      • rotar cara á esquerda ou cara á dereita (isto tes que facelo en propiedades directamente) - progresivo
    • Non tes que exportar, tan só mostrar en clase