Section outline

  • danza

  • Primeiro le aquí a pregunta, despois sae da aplicación, busca a resposta e cando a teñas volve a entrar na aula virtual. Para contestar a pregunta debes picar no enlace que hai máis abaixo, onde pon Pregunta 1. Día 23 de maio

    • pregunta do 23 de maio

      Cal foi o primeiro nome de Tutankamón?

    • APOSTA SEMANAL

      Primeiro le aquí a o plantexamento da aposta semanal, despois sae da aplicación. Para contestar terás de prazo ata o venres 28 ás 11,00. Para respostar debes picar no enlace que hai máis abaixo, onde pon Aposta semanal 23-27 de maio.

      CONSELLO: copia e pega nun word o enunciado para poder imprimilo.

      PLANTEXAMENTO DA APOSTA

          Tiña a sensación de que me atopaba na cámara que daba acceso á cámara funeraria. Levaba meses recorrendo a pirámide e ía acumulando fracaso tras fracaso, pero agora sí, agora me encontraba nunha camará, de dimensións reducidas, na que nas súas paredes podía ver  escritos os nomes de grandes faraóns: Zóser, Snefru, Keops, Kefrén, Micerino, Una, Teti, Seti I, Ramsés II...., e tres enigmas escritos en xeróglífico, e na que podía adiviñar unha posible porta, que sería, tiña que ser, a que me levaría, por fín, á ansiada cámara funeraria.  

              A escritura xeróglífica non tiña segredos para mín, pois tiña pasado moitas horas estudiando a pedra Rosetta, unha curiosa pedra dividida en tres franxas horizontais, en cada unha das cales está gravado o mesmo texto: na parte superior está o texto escrito en xeroglífico, na do medio está o texto escrito en exipxio demótico, e na inferior está o texto escrito en grego (e eu, como sabedes, domino as linguas clásicas á perfección).

      Velaiquí os problemas que plantexaban os tres enigmas (por suposto volos escribo en galego para que os entendades)

                  O primeiro dicía:

           Xace aquí o faraón que gañou a máis grande carreira celebrada en Exipto, unha carreira na que exactamente o 20% dos corredores  chegaron a meta en menos de 45 minutos, e exactamente o 25% tardaron máis dunha hora. O total de corredores que iniciou a carreira foi de 73, e houbo 49 corredores que se declararon satisfeitos co tempo que fexeran. Poderiasme dicir ti cantos corredores se retiraron sen rematar a carreira?.

                  O segundo:

             O noso faraón era un grande sabio, construtor de labirintos fermosos. Un deles fíxoo sobre unha superficie rectangular de 10 meh de ancho por 15 meh de alto. Para facelo  debuxouno a escala do seguinte xeito: a partir da esquina inferior dereita debuxou unha recta vertical e , xirando convenientemente, foi recorrendo o perímetro do rectángulo ata atoparse a 1 meh do punto de partida, onde comeza de novo unha recta vertical e repite o proceso sempre sen chocar co debuxado e quedando a 1 meh del. Cal foi a lonxitude total do trazado do seu labirinto.                                                                           

      LABIRINTO

      E, por último, o terceiro dicía:

           31 camellos tiña o noso faraón, que en dous días lle regalou ás suás dúas fillas. O primeiro día deulle á menor os 3/4 dos que lle deu á maior, e o segundo día deulle á menor os 2/3 dos que lle deu á maior. Cantos camellos lle deu a cada filla?

          Conseguín, con esforzo, resolver os 3 enigmas, e, por fin, accedín á camara desexada. O que alí atopei contareicho se es quen de resolver ti os enigmas.

    • pregunta do 24 de maio

      Que tipo de escritura é a forma máis antiga de expresión escrita? 

      Resposta á pregunta anterior: Tutankatón

       
    • pregunta do 25 de maio

      Que tiña tres ou catro buratos que se tapaban coas falanxes? 

      Resposta á pregunta anterior: Cuneiforme

    • pregunta do 26 de maio 

      Where can you find instructions on how to get eternal life?

      Resposta á pregunta anterior: Frauta faraónica

    • pregunta do 27 de maio 

      ATENCIÓN:Dispoñedes ata o luns ás 10,40 para contestar, o mesmo prazo que para o preguntón que vedes na actividade seguinte (TEMA 7). Polo tanto, levades dúas tarefas para a fin de semana. 

      Indica os nomes dos deuses que se representan destes xeitos:

      1.- De cor verdosa, representando a vexetación.

      2.- Como un home con cabeza de can.

      3.- Sobre a súa cabeza ten o disco solar entre os cornos.

       Resposta á pregunta anterior: The Book of the Dead

    • preguntón do 27-30 de maio

      Debedes investigar pola vosa conta, fóra da exposición. Lembrade que son dúas tarefas para a fin de semana. Para contestar ao preguntón teredes tamén o segundo recreo do luns 30.

      Le con atención o enunciado do preguntón. Observarás que hai varias palabras en cor distinta e suliñadas. Deberás ir dando, por ese orden, os nomes que se corresponden coas  palabras suliñadas. En total hai que dar 10 respostas ordenadas. Só obterá os cinco puntos quen acerte todas. Quen falle unha terá 3 puntos. NON SE ADMITEN MÁIS FALLOS.

      "A última faraona de Exipto era descendente dun xeneral que chegou cun conquistador. A citada faraona tivo un fillo cun ditador romano que escribiu dúas famosas obras, pero despois casou con outro. Ela e a súa parella foron derrotados nunha famosa batalla por un que chegaría a ser emperador?.

       

    • PISTA A PISTA

      Lembrade: tedes toda a semana para respostar, pero debedes facelo dende o enlace no que está cada unha das pistas. So poderedes contestar unha vez, así que escollede ben cando facelo. Cando remate o prazo para contestar coa primeira pista, só poderedes facelo dende o enlace da seguinte pista, e así sucesivamente. Irá aparecendo unha nova cada día, pero neste mesmo recadro. Cantas menos pistas utilicedes, máis puntos.

      Aparentemente, a momia que ves no instituto parece a de Tutankamón. Pero en realidade trátase da momia da xove asasinada nunha novela. Buscamos o título da novela, o nome do autor ou autora, o nome do barrio no que vivía,   o nome da asasinada, o do investigador do caso e a súa nacionalidade, o dun avogado inglés sospeitoso do asasinato e o título de tres obras do autor ou autora que estean na nosa biblioteca.

      Lembra: hai que respostar 10 cousas.

      PISTA NÚMERO 1:

      Éche un asunto de bigotes

      PISTA NÚMERO 2:

      O barrio da autora está cerca de Londres,

       pero o asasinato foi en Exipto. 

      PISTA NÚMERO 3:

      O país do investigador leva máis dun

       ano cun goberno en funcións.

      PISTA NÚMERO 4:

      A autora era misteriosa

      PISTA NÚMERO 5:Contestar antes das

       8 da tarde de hoxe venres.

      A novela ten dous títulos

      Debedes contestar dez cousas, as que están marcadas en cor vermella.
    • pregunta do 30 de maio 

      Investiga pola túa conta despois de ver na exposición:

      Cal sería a suma total do ollo de Horus se a progresión das súas fraccións continuase ata o infinito?

      Resposta anterior:

      Osiris

      Anubis

      Hathor ou Isis

    • pregunta do 31 de maio 

      Que tiña 43 metros de eslora, 5 de manga e a penas metro e medio de calado?

       

      Resposta anterior: 1
    • pregunta do 1 de xuño 

      A que se refiren as palabras akhet, peret, shemu?

      Resposta anterior:

      O barco de Keops

    • pregunta do 2 de xuño 

      Que utilizaban os exipcios:

      1.- Para curar feridas.

      2.- Como desinfectante.

      3.- Para curar as cataratas.

      4.- Para curar queimaduras.

      5.- Para calmar a tos.?

      Resposta anterior:

      Estacións ou ciclos agrarios.

    • Pregunta do día 3 de xuño

      Que nome reciben:

           1.      2/3 dun cóbado cúbico?

      2.      A segunda unidade do sistema de lonxitudes?

      3.      O papiro que contén a mellor información matemática?

      4.      A unidade representada por un paxaro?

      Resposta anterior:

      Carne, arañeira, excrementos, natrón ou sal do norte, comino