APOSTA SEMANAL
Primeiro le aquí a o plantexamento da aposta semanal, despois sae da aplicación. Para contestar terás de prazo ata o venres 28 ás 11,00. Para respostar debes picar no enlace que hai máis abaixo, onde pon Aposta semanal 23-27 de maio.
CONSELLO: copia e pega nun word o enunciado para poder imprimilo.
PLANTEXAMENTO DA APOSTA
Tiña a sensación de que me atopaba na cámara que daba acceso á cámara funeraria. Levaba meses recorrendo a pirámide e ía acumulando fracaso tras fracaso, pero agora sí, agora me encontraba nunha camará, de dimensións reducidas, na que nas súas paredes podía ver escritos os nomes de grandes faraóns: Zóser, Snefru, Keops, Kefrén, Micerino, Una, Teti, Seti I, Ramsés II...., e tres enigmas escritos en xeróglífico, e na que podía adiviñar unha posible porta, que sería, tiña que ser, a que me levaría, por fín, á ansiada cámara funeraria.
A escritura xeróglífica non tiña segredos para mín, pois tiña pasado moitas horas estudiando a pedra Rosetta, unha curiosa pedra dividida en tres franxas horizontais, en cada unha das cales está gravado o mesmo texto: na parte superior está o texto escrito en xeroglífico, na do medio está o texto escrito en exipxio demótico, e na inferior está o texto escrito en grego (e eu, como sabedes, domino as linguas clásicas á perfección).
Velaiquí os problemas que plantexaban os tres enigmas (por suposto volos escribo en galego para que os entendades)
O primeiro dicía:
Xace aquí o faraón que gañou a máis grande carreira celebrada en Exipto, unha carreira na que exactamente o 20% dos corredores chegaron a meta en menos de 45 minutos, e exactamente o 25% tardaron máis dunha hora. O total de corredores que iniciou a carreira foi de 73, e houbo 49 corredores que se declararon satisfeitos co tempo que fexeran. Poderiasme dicir ti cantos corredores se retiraron sen rematar a carreira?.
O segundo:
O noso faraón era un grande sabio, construtor de labirintos fermosos. Un deles fíxoo sobre unha superficie rectangular de 10 meh de ancho por 15 meh de alto. Para facelo debuxouno a escala do seguinte xeito: a partir da esquina inferior dereita debuxou unha recta vertical e , xirando convenientemente, foi recorrendo o perímetro do rectángulo ata atoparse a 1 meh do punto de partida, onde comeza de novo unha recta vertical e repite o proceso sempre sen chocar co debuxado e quedando a 1 meh del. Cal foi a lonxitude total do trazado do seu labirinto.

E, por último, o terceiro dicía:
31 camellos tiña o noso faraón, que en dous días lle regalou ás suás dúas fillas. O primeiro día deulle á menor os 3/4 dos que lle deu á maior, e o segundo día deulle á menor os 2/3 dos que lle deu á maior. Cantos camellos lle deu a cada filla?
Conseguín, con esforzo, resolver os 3 enigmas, e, por fin, accedín á camara desexada. O que alí atopei contareicho se es quen de resolver ti os enigmas.