Neste 3º trimestre deberedes realizar un traballo sobre mitoloxía grecorromana.
Seguindo a idea dos libros de Begoña Caamaño, Letras Galegas 2026 e ex-alumna do noso centro, por grupos de 2-4 persoas debedes escoller un mito clásico dos que aparecen a continuación, entendelo ben e crear unha historia baseada nese mito, pero cambiando a evolución e final da historia para actualizalo aos tempos e a ideoloxías máis modernas.
O traballo debe ter unha posta en común visual, escenificándoo (de xeito teatral ou só suxerido), cun cómic nunha cartulina ou no ordenador ou a opción que se vos ocorra. A idea é que sexades imaxinativos.
O traballo presentarase os días 10, 12 e 15 de xuño.
Os posibles mitos son:
- A caixa de Pandora
- Medusa
- Dédalo e Ícaro
- Cronos e o nacemento dos deuses olímpicos
- Prometeo
- Eco e Narciso
- O rapto de Europa
- Apolo e Dafne
- Teseo e o Minotauro
- Os doce traballos de Hércules
- Orfeo e Eurídice