PRONOMES
Section outline
-
-
Ola!
Déixovos un exercicio sobre a colocación de TE ou CHE para que practiquedes esta parte do exame. Na primeira folla tedes as oracións e na segunda aparecen as solucións, así que primeiro facede o exercicio sen mirar as respostas, trampulleirs!
Lembrade o truco que vimos na clase:
Para saber se debemos empregar TE ou CHE, podemos pasar a oración á terceira persoa ( A ela, a el):
Se podemos substituír por o, lo, no, ou a, la, na, usaremos TE .
Se o podemos substituír por lle, usaremos CHE.
Saúdos!