Section outline

    • Neste 3º trimestre deberedes realizar un traballo sobre mitoloxía grecorromana.

      Seguindo a idea dos libros de Begoña Caamaño, Letras Galegas 2026 e ex-alumna do noso centro, por grupos de 2-4 persoas debedes escoller un mito clásico dos que aparecen a continuación, entendelo ben e crear unha historia baseada nese mito, pero cambiando a evolución e final da historia para actualizalo aos tempos e a ideoloxías máis modernas.

      O traballo debe ter unha posta en común visual, escenificándoo (de xeito teatral ou só suxerido), cun cómic nunha cartulina ou no ordenador ou a opción que se vos ocorra. A idea é que sexades imaxinativos.

      O traballo presentarase os días 10, 12 e 15 de xuño.

      Os posibles mitos son:

      • A caixa de Pandora
      • Medusa
      • Dédalo e Ícaro
      • Cronos e o nacemento dos deuses olímpicos
      • Prometeo
      • Eco e Narciso
      • O rapto de Europa
      • Apolo e Dafne
      • Teseo e o Minotauro
      • Os doce traballos de Hércules
      • Orfeo e Eurídice