Section outline

    • En pé contra a violencia machista. Acabou! Querémonos vivas.

      Todas e todos ás manifestacións ás 12h!

      Cada día as noticias son máis sanguentas. O caso de Gisèle Pelicot na “democrática” e “avanzada” Francia dá bo exemplo da barbarie machista a que estamos sometidas. A xustiza patriarcal mira para outro lado cando nos matan, nos violan ou nos obrigana entregar os nosos fillos a maltratadores como a Juana Rivas. Ou atopamos con xuíces que directamente se asañan contra quen denunciou mentrestratan con luva de seda aos agresores, como ocorreu co xuíz Carretero durante o seu interrogatorio a Elisa Mouliáa por denunciar a Errejón.

      A extrema dereita vén a por nós. En todo o mundo, e aquí tamén co PP, Vox e as súas bandas fascistas, estes ultras misóxinos arremeten contra o feminismo combativo, negan que exista a violencia de xénero,falan de “denuncias falsas” e colócannos unha diana a millóns de mulleres e mozas para que se nos agrida con impunidade. 

      Estes machirulos, que temos que aguantar tamén nas nosas aulas, senten un odio visceral contra o feminismo porque lles deixamos claro que se acabou. Entre todas, traballadoras, estudantes, pensionistas…, levantamos un movemento moi poderoso en defensa dos nosos dereitos. E puidemos facer historia polo tipo de feminismo que defendemos. Un feminismo de combate, declase e antifascista, que loita contra a secuela do machismo veña de onde veña, e que é moi diferente ao feminismo de pose do Goberno do PSOE-Sumar. É feminista blindar a xustiza patriarcal e non facer nada por acabar con ela? Ou ignorar a necesidade dunha materia de educación sexual? Ou permitir fendas salariais, desigualdade, crise da vivenda, seguir financiando o xenocidio en Palestina e non facer nada contra as bandas fascistas? Non, claro que non.

      Imos volver a demostrar que somos moitas e que somos fortes. O Sindicato de Estudantes e Libres e Combativas chamamos a todas as e os estudantes á Folga Estudantil Feminista o venres 7 de marzo e a encher as rúas con manifestacións multitudinarias ás 12h dese día. Colocámonos en primeiraliña desta batallaen que nos xogamos tanto,preparando un 8M para asolagar de morado as rúas e prazas.

       

      Como organizara folga do 7M en cada IES?

      1)  Descarga os materiais, follas e carteis na nosa web.

          2)  Contacta coas compañeiras e compañeiros do Sindicato de Estudantes da túa zona para crear comités de folga no voso centro. Para iso podes pasar unha folla en que todas e todos os interesados poidan deixar o seu contacto para organizarnos a través de chamadas ou un grupo de whatsapp e decidir que accións levaremos a cabo no centro: charlas nas clases, preparar pancartas, facer fotos para as redessociais de apoio á mobilización, conseguir a colaboración das profesoras e profesores…

      Lembra que todas as e os estudantes temos dereito legal á folga, e que ningunha xunta directiva pode prohibirnos ese dereito. Na nosa páxina web, no apartado “Os teus DEREITOS” tes toda a documentación legal por se alguén no centro quere negarnos ese dereito.

      A mellor forma de poder levantar un movemento feministade loita forte é organizarnos. Para eles convidámosvos a afiliarvos ao Sindicato de Estudantes.

        Materiais 7M  :  https://sindicatodeestudiantes.net/index.php/noticias/feminismo-revolucionario/7m-huelga-estudiantil-feminista

      Contacta co SE : https://sindicatodeestudiantes.net/index.php/afiliate-y-legaliza-el-sindicato/contacta-con-nosotros

      Dereito a folga : https://sindicatodeestudiantes.net/index.php/conoce-tus-derechos

      Afíliate ao SE : https://sindicatodeestudiantes.net/index.php/afiliate-y-legaliza-el-sindicato/afiliate