Section outline

    • APOSTA SEMANAL

      Primeiro le aquí a o plantexamento da aposta semanal, despois sae da aplicación. Para contestar terás de prazo ata o venres 28 ás 11,00. Para respostar debes picar no enlace que hai máis abaixo, onde pon Aposta semanal 24-28 de maio.

      PLANTEXAMENTO DA APOSTA

      Xenofonte de Siracusa (máis coñecido na súa vila como “o larpeiro”) dedicábase a elaborar caramelos, e era moi amigo do famoso Arquímedes (de Siracusa por suposto).  Os caramelos que elaboraba Xenofonte eran de tres sabores: chocolate, mel e limón. Os de chocolate véndeos en bolsas de 100 grs. a 2 dracmas cada bolsa. Os de mel véndeos en bolsas de ¼ kg. a 4 dracmas a bolsa, e os de limón véndeos en bolsas de ½ kg a 6 dracmas cada bolsa.

      Xenofonte, inxenuo el, propúxolle a Arquímedes o seguinte problema, pensando que non sería capaz de resolvelo:

                  “O mes pasado vendín 244 kg. de caramelos e recaudei 3600 dracmas. Pola venta dos caramelos de chocolate acadei o 25% do que conseguín pola venta de todos os caramelos de mel e limón. Cantos kg. de caramelos de cada sabor vendín?”

      Arquímedes rápidamente deu coa resposta. Serías capaz de dala ti?