INFORMACIÓN SOBRE A ACTIVIDADE A PARTIRES DE HOXE (22_12_2022)
Section outline
-
Highlighted
A partires de aquí comentarei todas as novas sobre a viaxe
-
Este foro non é só para que o profesorado resposte, senón para que o faga o alumnado tamén se coñece a resposta. O digo para aquelas persoas que non asistiron a algunha reunión, os que si asististes tedes a responsabilidade de respostarlles. Pensade que eu non vou a vivir pendente da aula virtual, é responsabilidade de todos e todas.
Ánimo e só temas relacionados coa viaxe.
-
Aquí podedes ver o parte de neve para seguir en directo a evolución das condicións meteorolóxicas da estación.
Estade pendentes!!
-
Aquí podedes ver as webcam de que dispoñen, na estación de esquí de Valgrande Pajares, para ver en directo as condicións meteorolóxicas da estación.
-
FELIZ ENTRADA DE ANO NOVO a todas e a todos.!!! Co desexo de que o novo ano nos traia moita neve na estación de PAJARES!!!
Se o pedimos todos e todas, quizais o consigamos, senón...
De momento o levamos moi mal :o (
-
ÚLTIMO PAGO
Como xa sabedes o último pago da viaxe á neve tiñades que facelo entre hoxe día 2 de xaneiro e o día 4. Acabo de falar con Pablo, de Ayuko Aventura, e coméntame que o mellor é que agardedes de momento. O derradeiro parte de neve que esperan é o do día 4 de xaneiro xa que, de momento, non hai neve e a viaxe teriamos que aprazala.
Estade pendente deste muro xa que, ó día 4 tan pronto poda falar con el de novo, tomaremos a decisión e porei aquí as últimas novas. Se ao final non se puidera facer a viaxe, reunirémonos no instituto para barallar as diferentes opcións e, como xa dixemos, se alguén non puidera ou non quixera ir nas novas datas, devolveríase o diñeiro aportado ata o momento.
-
APRÁZASE A VIAXE, NON HAI NEVE!!!
Sinto moito a noticia pero, os que coma min levades tempo pendentes da situación da neve na estación de Valgrande Pajares, sabedes que o prognóstico non era moi alentador.
Acabo de falar con Pablo, de Ayuko aventura e confírmame que as previsións de neve non son algo aceptables ata o día 15 de xaneiro, este é un ano moi raro!!! Por este motivo o mellor é deixalo para máis adiante ou se non, devolver os cartos ingresados ata o de agora. Así pois, quedades convocados a unha reunión o luns 9 de xaneiro, no primeiro recreo, na aula que utilizabamos como XIMNASIO 1 ata o de agora para as clases de EF. Espérovos alí e falaremos das posibilidades que temos, tanto se queredes continuar coa viaxe como se non.
Se tedes grupos de whats apps de clase, comunicádeo tamén por aí, porque hai xente que aínda non contestou ás mensaxes que enviei, polo que non sei se coñecen estas novas.
Confirmádeme que lestes esta nova enviándome unha mensaxe. Facédeo tan pronto a leades no día de hoxe, non o deixedes para máis adiante.
Saúdos e bo final de vacacións a todos e a todas.
-
ÚLTIMAS NOVAS: AGORA QUE HAI NEVE, NON HAI ALUMNOS!!!
Como vos dixen onte na reunión, a alternativa era a semana do 13 e febreiro en San Isidro. Tan só confirmastes a asistencia 7 persoas e pedíchesme 24 horas, ata hoxe, para convencer a máis compañeiros e compañeiras. Ao non darme noticias esta mañán, supoño que é por que non o conseguistes. Polo tanto
SUSPÉNDESE DEFINITIVAMENTE A ACTIVIDADE DE ESQUÍ/SNOW DESTE CURSO 2022/2023
Segundo me indica a empresa, preciso que me enviedes por mensaxe privada desde a aula virtual o número de conta desde a que se fixo o pagamento e o nome do titular da mesma, para que poidan facer o ingreso dos cartos que pagastes. Os que non fixeran todo o pago, que me indiquen a cantidade que ingresaron, por favor.
O luns 6, o máis tardar (se teño todos antes fareino antes) enviareille a Ayuko aventura a listaxe e logo pecharei esta aula virtual, polo que xa non haberá máis comunicados por aquí, calquera dúbida atoparédesme no instituto, coma sempre.
Facilitádeme un pouco as cousas e facédeo canto antes, por favor e comentádeo aos compañeiros e compañeiras por se non están pendentes da páxina.
Saúdos.
-
MOI URXENTE!!!
AÍNDA QUEDAN PERSOAS SEN COMUNICAR OS DATOS POR MENSAXE PRIVADA AO PROFE!!!
Como xa vos dixen,
O luns 6, o máis tardar enviareille a Ayuko aventura a listaxe cos vosos datos. Agardarei ata as 19,30 h. e logo enviareille a listaxe de todos e todas os que os enviaron e será o último que eu faga por esta viaxe. Despois teredes que poñervos en contacto con Ayuko Aventura para que se vos devolvan os cartos.
Falade cos 14 compañeiros e compañeiras despistados que aínda non enviaron os datos.
Saúdos.
-