Este curso vai dirixido ás familias do alumnado da etapa de educación infantil, para que no caso de ter que volver á educación non presencial, conten con recursos suficientes para acompañar aos seus fillos e fillas no seu proceso de aprendizaxe.
A través deste curso facilitarémoslles coñecementos e recursos en torno a diversos aspectos tales como lóxicamatemática, lectoescritura, motricidade e coñecemento de sí mesmo, educación sensorial, educación plástica, educación musical e coñecemento do contorno.
O curso levarase a cabo na aula virtual do CEIP de Tabeaio e terá unha duración de un curso académico.