Medios para o control da intensidade.
Precoñecemento
Para este tema compre repasar os fundamentos básicos da resistencia aprendidos en cursos anteriores.
Compre analizar os medios para o control do exercicio. De xeito que a intensidade sexa sempre a axeitada para o plan proposto. Para iso, e tal como vimos na clase, empregaremos a formula proposta por Karvonen baseada na Frecuencia cardíaca de reserva (FCRESERVA).
Para medir a FCREPOUSO debemos ter presente que a medición a deberemos realizar ao erguernos da cama, preferíblemente ergueito dado que sentados ou deitados a medición resultaría equívoca dado que nesas posicións temos menos pulsacións por minuto, e espertando por un mesmo pois ao despertarmos por un despertador ou mediante terceiros aumentamos a FCREPOUSO.
FCMAX.= 220-Idade
FCRESERVA= F.C.MAX – F.C.REPOUSO
FCTRABALLO= F.C.REPOUSO + % FCRESERVA
Táboa: Cálculo da intensidade de traballo en función da ecuación de Karvonen.
A valoración da intensidade debe realizarse despois da terceira repetición. Si a avaliamos antes córrese el risco de que o valor das pulsacións non expresen a reacción real do organismo. Despois da terceira repetición o tempo que precisa o pulso para volver á normalidade, practicamente, non se modifica.
Tal e como comentamos durante as sesións prácticas, un xeito sinxelo de controlar a intensidade en exercicios de resistencia aeróbica e mediante o control da fala. Compre lembrar que este é un método que aporta mellores resultados no método continuo. Sendo o control da FC o sistema máis axeitado para o control da intensidade ao realizar un adestramento polo método fraccionado.
|
Intensidade do Exercicio |
Forma de Falar |
|
Baixa |
Fala facilmente, con normalidade |
|
Media |
Fala con relativa facilidade |
|
Media – Alta |
Fala entrecortadamente |
|
Alta |
Dificultade para falar, ou non pode falar |
Táboa . Relación entre intensidade de exercicio de resistencia aeróbica e posibilidade de fala do suxeito.