Ergonomía e control da actividade física

A necesidade de exercicio diario ven de se confirmar máis día a día. Tódolos estudos baseados na evidencia sitúan a actividade física diaria como referente para unha calidade de vida óptima. Porén a tendencia, cada vez máis patente, á realización de actividade sen control, sistematización e atención ás características persoais do que se exercita facilita a lesión, recaída de outras vellas e a non consecución dos obxectivos marcados para acadar co exercicio físico. Todo isto da como resultado o abandono da práctica da actividade física e a falsa sensación de que a mesma ‘non senta ben á persoa en cuestión’.

Para evitar a situación anterior propoñemos esta U.D. que abonda nos medios de control, prevención de riscos e diversas axudas tecnolóxicas que facilitarán a inmersión na actividade física dun xeito saudable.

Traballando mediante o bloque de contidos de actividade física e saúde tentaremos abondar no desenvolvemento das competencias clave de ciencia, aprender a aprender, dixital, cívicas e expresión cultural

Esta U.D. está relacionada cos seguites criterios de avaliación: B1.1; B1.2; B1.3; B1.4; B1.5; B3.1 e B3.2



Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0