Para facer en clase e na casa:

En casa, unha semana para facer a ficha correspondente do tema

Elaboración dunha cápsula do tempo (cada alumno adoptará o papel dunha especie humana ou homínido: australopithecus, habilis, erectus, neanderthal ou sapiens. Terán que introducir na cápsula información sobre eles mesmos despois dun proceso de investigación. entregarase o 12 de febreiro

Na clase (nunha sesión, se non da tempo rematar en casa)
Elaboración de figuras en arcilla (4), unha Venus paleolítica, un dolmen ou menhir, un cromlech ou aliñación e unha pintura rupestre. Os alumnos farán unha ficha por cada obra de arte na que terán que poñer:
TITULO
ETAPA DA PREHISTORIA E CRONOLOXÍA
DESCRICIÓN
FUNCIÓN
Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 11:22 AM