TEMA 5 TEMPO E CLIMA

Sitio: Aula Virtual do IES Afonso X O Sabio
Curso: 1º ESO CCSS 2014-15
Libro: TEMA 5 TEMPO E CLIMA
Impreso por: Usuario convidado
Data: venres, 16 de xaneiro de 2026, 11:08 AM

Descrición

É frecuente confundir tempo e clima, pero ahi que ter en conta que o tempo é cambiante e o clima perdura máis.
O tempo poder variar cada día, horas... o clima establécese trala observación dos distintos tipos de tempo ao longo dun periodo de 30 ou 40 anos.
neste temas ides aprender a diferencialo e a coñecer máis aspectos do tempo (elementos, escenario....)

1. DEFINICIÓNS TEMPO E CLIMA

Definición TEMPO

A situación da atmosfera nun lugar nun momento determinado

Por ex. Fai calor en Sevilla

Hoxe chove en Coruña

Definición CLIMA

Sucesión de tipos de tempo. Refírese ás condicións atmosféricas que se dan nunha rexión durante moito tempo. É a sucesión de tipos de tempo trala observación de 30 ou 40 anos.


O tempo é máis momentáneo e cambiante o clima é máis permanente e estable

Internet (educastur)

@Unidade didáctica

2. ATMOSFERA

É o escenario onde teñen lugar os fenómenos meteorolóxicos, os distintos tipos de tempo.

Atmosfera@

DEFINICIÓN:
é unha capa gasosa que envolve a terra.

http://galeon.hispavista.com/ccss1/img/at.jpg

FUNCIÓNS
:
1. Esencial para a vida: proporciona o aire necesario para a respiración dos seres vivos.
2. Protexe da radiación solar dañina para os seres vivos
3. Actúa como escudo protector contra a caída dos meteorito.

COMPOSICIÓN

COMPOSICIÓN ATMOSFERA
Ademáis de:
-Vapor de auga e sal
-Partícula de pó

ESTRUTURA
A atmosfera está dividida en distintas capas. Mira o seguinte enlace e anótalas na túa libreta.
Fai un debuxo: capas da atmosfera. Responde na túa libreta: que é a IONOSFERA, onde se encontra?

@Actividade online sobre a atmosfera.

2.1. A CAPA DE OZONO

A CAPA DE OZONO
QUE É O OZONO?
Un gas producido polo contacto dos raios ultravioletas do sol e o osíxeno
ONDE SE ENCONTRA?
Atópase na estratosfera, entre 30-50 km de altura
CAL É A SÚA FUNCIÓN?
Actúa como un filtro das radiacións solares.
Impide que cheguen á superficie terrestre os raios ultravioletas do sol, porque son dañinos para os seres vivos. (provocan cancro de pel, problemas oculares)
POR QUE TEMOS QUE COIDALA?
Pode reducirse se emitimos a atmósfera gases que a poden destruir (industrias e aerosois)

3. ELEMENTOS DO CLIMA

DEFINICIÓN
Os elementos do clima (@educastur) son o conxunto de fenómenos que caracterizan o tempo atmosférico:
Caracterizan a atmosfera e son:
TEMPERATURA
HUMIDADE
PRECIPITACIÓNS
PRESIÓN ATMOSFÉRICA
VENTO

3.1. TEMPERATURA

DEFINICIÓN:
A temperatura atmosférica é o grao de quentamento do aire debido á radiación solar
MÍDESE CUN:
Termómetro (en ºC)
PARA ESTUDAR O CLIMA TEMOS EN CONTA
Temperaturas máximas
Temperaturas mínimas
Temperaturas medias
Amplitude térmica

3.2. HUMIDADE

DEFINICIÓN:
É a cantidade de vapor de auga que se atopa no aire.
PROCEDENCIA DO VAPOR DE AUGA:
Da evaporación das augas dos mares, océanos, ríos, plantas e outros seres vivos
MÍDESE CUN:
Higrómetro (cando indica 100% saturación, non admite máis vapor) Exprésase en %

3.3. PRECIPITACIÓNS

DEFINICIÓN:
É a cantidade de auga caída na superficie da terra en forma de chuvia, neve ou sarabia.
MÍDESE CUN:
Pluviometro. Exprésase en mm. (1mm = 1l. x m2)

3.4. PRESIÓN ATMOSFÉRICA

DEFINICIÓN (páx. 68)
É o peso que exerce o aire sobre a superficie da terra.
Se mide con un barómetro (1015 mb ou hPa nivel do mar)

ALTAS E BAIXAS PRESIÓNS
ALTAS PRESIÓNS
Áreas onde o aire frío (denso e pesado) tende a descender
BAIXAS PRESIÓNS
Áreas onde o aire quente (pouco peso e densidade) tende a descender
JET STREAM ou CORRENTES JET
Fortes correntes de aire que circulan a uns 15 000 m de altura

3.5. O VENTO

DEFINICIÓN
 O vento é unha masa de aire en movemento que se orixina entre dous lugares ou zonas da superficie terrestre se rexistran presións atmosféricas diferentes.

APARELLOS DE MEDIDA
 A velocidade
 A dirección

 
O AIRE SOPRA…
 Desde a zona de altas presións onde é máis denso e está máis comprimido, cara á zona de baixas presións, onde é pouco denso.

4. FACTORES DO CLIMA

DEFINICIÓN
Son o conxunto de variables que modifican aos elementos do clima (temperatura, humidade, precipitacións, presión atmosférica e vento)
ALTITUDE
LATITUDE
DISTANCIA DO MAR