Apuntamentos

Conceptos: condición física y condición motriz

Actualidade

Na actualidade, seguindo a clasificación de Gundlach ?68, divídese a capacidade motriz do home en tres tipos básicos de capacidades:

  • Capacidades condicionais: que engloba a forza, a resistencia e a velocidade: Estas veñen determinadas polos procesos enerxéticos e as condicións orgánico musculares do home. Fundaméntanse na eficiencia do metabolismo enerxético e na capacidade neuromuscular de levar a cabo a contracción.
  • Capacidades intermedias: Flexibilidade: depende de factores condicionais e coordinativos. Velocidade  de reacción simple: só supón a reacción, non inclúe o movemento como resposta ao estimulo
  • Capacidades coordinativas: capacidade de dirección e control motriz, capacidade de transformación e adaptación motriz, capacidade de aprendizaxe motriz.

Permiten dosificar os esforzos musculares en función do obxectivo  sobre a base das capacidades condicionais. Están determinadas polos procesos de organización, control e regulación do movemento.


Os seus principais características son:

  • Dependen de aspectos psicomotrices.
  • O sistema nervioso xoga un rol fundamental xunto cos analizadores perceptivos.