Cálculo da frecuencia cardíaca para o quentamento
Requisitos do completado
Abertas: domingo, 23 de abril de 2017, 12:00 AM
Pendente: martes, 30 de maio de 2017, 12:00 AM
Imos facer unha pequena práctica para comprobar a nosa frecuencia cardíaca recomendada para facer un quentamento.
En primeiro lugar deberemos saber a nosa frecuencia cardíaca en repouso. Para iso toma as pulsacións un día nada máis te despertar (ergueito) co condicionante de ter despertado por ti mesmo, nada de despertadores que enmascararían a frecuencia real e darían un resultado elevado.
Agora partir da fórmula de Karvonen calcúla a frecuencia cardíaca de traballo para unha intensidade dun 55% (o quentamento oscila entre 50% e 60%)
Indica tódolos datos na entrega.