Este módulo contén a formación necesaria para confeccionar un proxecto de empresa e efectuar a súa xestión, de xeito integrado e nun contexto real de traballo a través dun contorno virtual pedagóxico. 

Neste módulo, o alumnado pon en práctica todos os coñecementos, os procedementos e as aptitudes que adquiriu ao longo do seu proceso de aprendizaxe, e procede a crear e a xestionar unha empresa, coa súa diversidade de ámbitos funcionais. 

Esta función abrangue aspectos como: 

– Deseño, elaboración e presentación do plan de empresa. 

– Xestións do aprovisionamento. 

– Xestión e determinación das necesidades do factor humano na empresa. 

– Execución e interpretación da contabilidade da empresa. 

– Cumprimento da fiscalidade das empresas. 

– Determinación das necesidades de investimento e financiamento da empresa. 

– Atención á clientela. 

– Venda e márketing. 

Traballo en equipo

– Coordinación das tarefas e dos departamentos. 

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na xestión dunha pequena ou mediana empresa de calquera sector de actividade.