Con este módulo o alumnado debe obter a formación necesaria para desempeñar a función de realizar algunhas operacións administrativas establecidas no procedemento da xestión de tesouraría necesaria para a adecuada xestión financeira da empresa. 

Esta función abrangue aspectos como: 

– Control da caixa e do banco.

– Identificación dos documentos de cobramentos e pagamentos. 

– Identificación dos intermediarios financeiros. 

– Diferenciación dos instrumentos financeiros. 

– Determinación de cálculos financeiros bancarios básicos. 

– Aplicación de ferramentas informáticas de xestión de tesouraría. 

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse nos procesos de control da xestión de tesouraría no ámbito empresarial de calquera sector produtivo necesarios para unha boa xestión financeira.