HORA DE LER

HORA DE LER

por Ana Moreiras -
Número de respostas: 0

Queridas e queridos:

Como estades fartos de oírme, estamos nun tempo no que é VITAL distinguirnos da INTELIXENCIA ARTIFICIAL. As únicas áreas nas que podemos gañar son a EMPATÍA (poñernos emocionalmente no lugar doutra persoa); o PENSAMENTO DIVERXENTE (desobedecer unha instrución porque nos fixemos preguntas que suxiren mellores estratexias); o PENSAMENTO CRÍTICO (cuestionarnos a veracidade do que nos din) e a COOPERACIÓN (desde a ética).

Sabedes como se cultivan eses talentos??? LENDO.

Como docentes do ENSINO PÚBLICO, é a nosa obriga traballar esas áreas. Por isto temos tanto compromiso coa hora de ler (Plan PLEA, obligatorio en todos os centros de Galicia), que vai desenvolverse así na miña materia:

  • Preferiblemente, traeredes banda deseñada. Aínda que vos pareza incrible, ler ficción desenvolve áreas do cerebro que non se usan a miúdo. E ler con textos e gráficos proporciónavos ferramentas que non vos aporta unha novela.
  • De todo o que leades iredes facendo crítica no PORTFOLIO.
  • Os portfolios máis bonitos terán premio a fin de curso :)