Ir ao contido principal
AVCachada
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVCachada
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 4º ESO LGL
  3. PRIMEIRO TRIMESTRE
  4. EXPOSICIÓN ORAL 1º TRIMESTRE

EXPOSICIÓN ORAL 1º TRIMESTRE

Requisitos do completado
Abertas: luns, 19 de outubro de 2026, 12:00 AM
Pendente: martes, 1 de decembro de 2026, 9:00 AM

Exposición oral en grupo sobre diferentes épocas e autores da literatura galega do primeiro terzo do Século XX:

Escóllese unha etapa e prepárase unha presentación en formato dixital. Ofrézovos un simple guión daquilo que debe figurar, podedes aumentar información ou enfocala como consideredes.

REQUISITOS:

  • A exposición debe ser clara e concisa, debe servir para aprender do tema e permitir que a aula tamén aprenda. Por iso hai que poder explicalo de maneira sinxela e non limitarse a ler.
  • Todas as persoas deben saber responder preguntas que eu lles faga como preguntas que farán obrigatoriamente o resto dos grupos. Repito, TODAS AS PERSOAS deben coñecer o traballo.
  • Non obterán cualificación positiva as persoas que se limiten a ler as diapositivas ou aquelas que non coñezan o contido das mesmas. LER non é expoñer.
  • As presentacións deberán seguir unhas pautas dixitais que se explicarán na aula: coidar a lingua e o tipo de fonte e citar as fontes empregradas(webgrafía).
  • Os contidos que explican os distintos grupos son materia de exame que será aclarada e ampliada pola profesora.

AVALIACIÓN:

  • A cualificación é individual a pesar de que o traballo sexa grupal. Cadaquén defende a súa nota. Ata un 10% da nota do trimestre.
  • Os criterios de cualificación son obxectivos: avalíase mediante unha rúbrica que se explicará na aula: claridade na exposición, linguaxe empregada, rexistro formal e posta en escena. TODO CONTA.
  • Valorarase por enriba de todo a capacidade para atraer co contido exposto, a claridade e coñecemento do que se explica e unha presentación atractiva e amena.

PRAZOS:

  • A partir da semana do 19 de outubro xa se pode comezar a traballar nos contidos, a elaborar a presentación e a distribución do traballo entre todo o grupo. En ningún caso se preparará o traballo na aula.
  • Cando corresponda expoñer a un grupo e este non teña o traballo subido á aula virtual (un só traballo por grupo), estas persoas perden a posibilidade de acadar a nota. Non se admiten cambios.
  • O traballo ten que estar subido en PDF na aula antes do 1 de DECEMBRO. Porase un nome da etapa que corresponde ou do autor. Por ex.: A poesía de vangarda: as vangardas galegas ( equipo As caramechas).

Moito ánimo e ilusión!!!

  • grupos expos orais.pdf grupos expos orais.pdf
    18 de outubro de 2026, 11:52 AM
  • GUIÓN exposición oral 1º terzoXX.pdf GUIÓN exposición oral 1º terzoXX.pdf
    18 de outubro de 2026, 11:52 AM
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle