Executando comandos no Debian
Requisitos do completado
Abertas: mércores, 30 de setembro de 2026, 12:00 AM
Pendente: domingo, 4 de outubro de 2026, 12:00 AM
Accede á consola do teu equipo e fai as seguintes tarefas (toma capturas de pantalla de cada unha para subilas na correspondente tarefa fa Aula Virtual)
- Identifica a túa distribución Linux. (CAPTURA 1) Anexo exemplo de como se entrega esta captura.
- Imos xogar co comando "mkdir", que vén de "Make Directory". Crea un cartafol no teu usuario. Para iso debes poñer, na liña de comandos mkdir Probas_Oteunome. IMPORTANTE!!! Só se pón ESPAZO DESPOIS DO COMANDO; nos nomes non poden poñerse, non os colle. Todo o que hai despois do espazo non existe. Outra peculiaridade da linguaxe de comandos é que debes escribir EXACTAMENTE o que buscas: distínguense maiúsculas de minúsculas.
- Executa un comando para ver os cartafois que hai no teu usuario e comproba que creaches ben a túa carpeta. O nome dese comando está na lista de arriba, búscao e execútao. (CAPTURA2)
- Dentro de Probas_Oteunome crea dúas carpetas: Probas_Oteunome_Subcarpeta1 e Probas_Oteunome_Subcarpeta2 Para facer isto debes, primeiro, entrar no teu cartafol. Iso faise co camando cd (vén de "Change Directory"). É dicir, debes escribir cd Probas_Oteunome Unha vez dentro, creas as subcarpetas con "mkdir". A continuación, fai un listado das carpetas que hai e toma esa captura de pantalla. Para volver atrás, ó cartafol raíz de Probas_Oteunome, usas cd .. (ollo! espazo antes dos dous puntos).
- En Probas_Oteunome_Subcarpeta1 crea un arquivo de texto que se chame "Oteunome_arquivotexto" e escribe o que queiras dentro del. O comando para crear e editar un arquivo de texto é nano, ou sexa, escribe nano oteunome_arquivotexto Garda o arquivo ("control o"), sae del ("control x") e comproba que está dentro da carpeta facendo ls. (CAPTURA 3)
- Imos copiar ese arquivo á carpeta Probas_Oteunome_Subcarpeta2. En comandos non se pode trasladar un arquivo a outro cartafol directamente: debemos ir, xerarquicamente, cara arriba ou cara abaixo. É dicir: o teu arquivo de texto primeiro debe subir a Probas_Oteunome; para iso, empregaremos o comando mover con dous puntos: mv oteunome_arquivotexto .. Repara en que hai un espazo antes dos dous puntos. Unha vez subido á carpeta superior, xa podes movelo á subcarpeta 2. Fai un listado dos arquivos dentro desa carpeta e comproba que agora está aí o teu arquivo de texto. (CAPTURA 4)
- Intenta localizar esas carpetas e arquivo na interfaz gráfica normal (fóra de Terminal). (CAPTURA 5)
- Volve a Terminal e elimina as carpetas.
- Crea un arquivo comprimido con todas as imaxes e preséntao como tarefa na aula virtual.