Ir ao contido principal
AVCachada
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVCachada
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. LGL4
  3. 1º TRIMESTRE
  4. Proba oral do 1º trimestre.

Proba oral do 1º trimestre.

Requisitos do completado
Abertas: domingo, 13 de setembro de 2026, 12:00 AM
Pendente: luns, 28 de decembro de 2026, 11:59 PM

RELATO OU CONTO DE TERROR

Este trimestre a proba oral realizarase durante a primeira quincena de decembro, de maneira presencial, na aula.

Hai 3 posibilidades:

a)     Podedes aproveitar o concurso que se celebrará o 31 de outubro, co gallo do “Samaín”, e que se celebrará na biblioteca. Ese día poderedes participar no concurso de relatos de terror ao vivo e poderedes aproveitar a dita creación para contárnola (en ningún caso lela) en decembro durante a proba oral.

b)    Podedes buscar información na Rede sobre lendas ou historias de medo propias da cultura galega e contalas. Deberá ser mínimo unha historia e estar relacionada coa época de defuntos ou o Samaín.

c)     Podedes ler algunha das historias dos seguintes libros de relatos e contárnola:

-       Terra brava, Á lus do candil, de Ánxel Fole.

-       Cando petan na porta pola noite, de Cabier Docampo.

-       Arrepíos e outros medos, de Xosé Miranda .e Antonio Reigosa.

d)    Podedes optar por preguntar a algún familiar sobre historias que saiban ou que lle fosen contadas de maneira oral e aproveitar para que volas transmitan a vós, e así axudar a difundir a literatura oral.

Requisitos da proba oral:

1.     Debes elaborar unha presentación onde recollas algunha imaxe que faga referencia ao que vas contar.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle