Ir ao contido principal
AVCachada
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVCachada
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. Dixi_4ESO_Ana
  3. 1ª Avaliación
  4. Actualiza o teu equipo

Actualiza o teu equipo

Requisitos do completado
Abertas: mércores, 3 de decembro de 2025, 12:00 AM
Pendente: luns, 8 de decembro de 2025, 12:00 AM

Propóñoche unha tarefa de mantemento do teu equipo doméstico, se este é Windows. Neste enlace atoparás instrucións máis detalladas para instalar e executar diferentes softwares de seguridade para Windows.

  • Vai á páxina http://www.testdevelocidad.es/ e fai un test de velocidade gratuíto. Para a realización do test é mellor non ter ningún programa nin páxina web aberta. Correspóndese coa velocidade que contrataches? Fai unha captura de pantalla unha vez remates o test. NOTA: Non fai falta rexistrarse en ningún sitio para realizalo.
  • Actualiza o teu antivirus. Se non tes clave, polo menos accede á opción onde se nos permite actualizalo. Fai unha captura de pantalla durante o proceso de actualización ou cando pon que está actualizado.
  • Fai unha análise do teu sistema. Fai unha captura de pantalla mentres se realiza a análise.
  • Fai unha captura de pantalla unha vez finalizado a análise. Cantos programas maliciosos atopaches?
  • Se non tes ningún antiespía, descarga o programa ad-aware-free. Fai unha captura de pantalla unha vez o teñas actualizado.
  • Fai unha análise completa do sistema co programa ad-aware-free. Ten paciencia, pode tardar horas. Fai unha captura de pantalla durante o proceso de análise.
  • Fai unha captura de pantalla unha vez terminase a análise e onde apareza o número de malware detectado. Cantos programas maliciosos atopaches?
  • Reinicia o computador. Unha vez reinicies, volve facer o test de velocidade (www.testdevelocidad.es/) Para a realización do test é mellor non ter ningún programa nin páxina web aberta. Fai unha captura de pantalla. Notaches unha melloría
  • Accede á xanela onde podemos cambiar a configuración da nosa devasa/tornalumes (firewall). Fai unha captura de pantalla. Telo activado?
  • Instala o programa CCleaner (isto é voluntario, pero aconsellable para un bo mantemento) e fai clic no botón analizar. Fai unha captura de pantalla mentres se realiza a análise.
  • Fai unha captura de pantalla unha vez finalizado a análise.
  • Fai unha valoración final de se mellorou ou non o rendemento do teu computador con todas as operacións que realizaches.
  • XUNTA TODA A INFORMACIÓN NUN DOCUMENTO DE TEXTO (IMAXES E EXPLICACIÓNS), DESCÁRGAO COMO PDF E ENTRÉGAO NESTA TAREFA.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle