Xogo Cyberscouts
Requisitos do completado
Agora que coñeces as principais ameazas a que nos enfrentamos, propóñoche que xogues a Cyberscouts. Escolle a opción "neno/a" e comeza polo nivel medio.
Adxunta, como resultado da tarefa, capturas de pantalla cos teus resultados en cada fase.
Abertas: luns, 20 de xaneiro de 2025, 12:01 AM
A ciberdelincuencia é o conxunto de actividades ilegais que se comenten en internet, a miúdo anonimamene, por ideoloxía, vinganza ou beneficio económico.
A arma para cometer eses delitos é o Malware (software malicioso): calquera tipo de programa ou código que se introduce nun dispositivo para danalo ou roubar información. Exemplos son virus, troianos, worms e spyware.
Os principais ciberdelitos son:
1. Phishing
Trátase dun tipo de fraude onde os ciberdelincuentes envían correos electrónicos, mensaxes ou sitios web falsos que parecen procedentes de fontes confiables (como bancos ou empresas) co obxectivo de roubar datos sensibles, como contrasinais, números de tarxetas ou información persoal.2. Ransomware (secuestro de datos)
Os delincuentes infectan un sistema ou dispositivo co malware, bloqueando o acceso aos arquivos ou sistemas. Despois, esixen un rescate (normalmente en criptomoeda) a cambio de liberar o acceso aos datos ou sistemas.3. Ataques DDoS (Denegación de Servizo Distribuída)
Este ataque consiste en sobrecargar un servidor ou sitio web con tráfico masivo de datos, facendo que o servizo sexa inalcanzable para usuarios reais. Normalmente, son realizados por botnets (redes de dispositivos infectados).4. Roubo de identidade
Consiste en roubar a información persoal de individuos, como números de seguridade social, datas de nacemento ou documentos de identidade, para cometer fraudes financeiras, como abrir contas bancarias falsas ou realizar compras sen autorización.5. Hacking
Implica o acceso non autorizado a sistemas, redes ou dispositivos informáticos, co obxectivo de roubar ou manipular información, instalar malware ou espiar á vítima. Os "hackers" poden actuar por motivos económicos, políticos ou persoais.6. Fraude en liña (e-commerce)
Implica enganar ós consumidores en transaccións en liña, como a venda de produtos falsificados ou inexistentes, ou o roubo de información financeira durante compras por internet.7. Ciberacoso
Trátase do uso de tecnoloxías para acosar, ameazar ou intimidar a outras persoas en plataformas en liña, como redes sociais, mensaxería instantánea ou correos electrónicos.8. Explotación sexual e tráfico de persoas en liña
Implica a explotación de menores ou adultos a través de internet, a través de pornografía infantil, sexting forzado ou outras formas de abuso.9. Ataques a infraestruturas críticas
Son ataques informáticos dirixidos a infraestruturas chave, como redes eléctricas, hospitais ou sistemas financeiros, co obxectivo de causar danos ou paralizar os servizos.Agora que coñeces as principais ameazas a que nos enfrentamos, propóñoche que xogues a Cyberscouts. Escolle a opción "neno/a" e comeza polo nivel medio.
Adxunta, como resultado da tarefa, capturas de pantalla cos teus resultados en cada fase.