Ir ao contido principal
AVCachada
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVCachada
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. PTGZ
  3. Linguaxe audiovisual
  4. Tres días de nadal

Tres días de nadal

Requisitos do completado
Abertas: luns, 16 de decembro de 2024, 12:00 AM
Pendente: domingo, 12 de xaneiro de 2025, 12:00 AM

Propoñémosche que fagas tres curtas pequeniñas, de entre 1 e 3 minutos como máximo, con esta temática: :

  • Diario dun día aburrido ou triste. Poucos personaxes. Luces frías. Moito silencio e diálogo interior (voz en off). Planos detalle da tristeza/aburrimento. Planos con ritmo lento.

  • Diario dun día alegre, de celebración. Moitos personaxes, ruído ambiente, luces cálidas. Planos xerais, recollendo o ambiente. Montaxe rápida, planos breves e con bo ritmo.

  • O teu desexo de nadal. Temática e formato libre.


Fases de traballo:


  1. Adica os primeiros días de nadal a OBSERVAR ben a túa casa, posibles encadramentos, por onde entra a luz, que cores teñen as túas habitacións… Observa tamén a túa familia: os xestos, como falan, etc.

  2. Autoobsérvate! Cando estás máis alegre? Cando máis triste ou aburrido? Por que? Inflúe a xente que te rodea? Se podes saír á rúa? Es dos que prefire quedar na casa? Que che gusta facer?

  3. Crea a sinopse dos teus 2 días reais: un resumo de que ocorre/ocurriu/vai ocorrer. Determina cales son o INICIO/NÓ/DESENLACE, cales o DETONANTE e o CLÍMAX.

  4. Fai o storyboard do que gravarás. Pensa no tamaño dos planos, na angulación, nas cores, nos movementos de cámara, no ritmo.

  5. Grava. Fíxate en que o SON se escoite limpo e  claro ou, se hai voz en off, grávaa vocalizando alto e claro.

  6. Monta eses vídeos. Intenta facelo co ordenador.

  7. Curta do Desexo de nadal. Lembra que é unha ficción, unha fantasía.

    1. Escribe a sinopse e determina con claridade cal é o inicio, nó, desenlace, e cales o detonante e clímax.

    2. Escolle as personaxes: fai un casting entre familia e amigos para ver como quedan en cámara. Escolle un fondo neutro, dálles unha frase, e pídelles que a digan a cámara. Grávaos cun plano curto ou medio centrado. Grava tamén un plano detalle, a ver se dan ben en cámara!

    3. Fai ensaios. Decide onde vas colocar a cámara tendo en conta todo o que aprendiches. Ten coidado de planos moi escuros ou a contraluz: usa lámparas e pasa cortinas.

    4. Fai o storyboard.

    5. Grava. Lembra: se hai diálogos, deben escoitarse ben!

    6. Monta e engade unha música onde faga falta, de entre as que che ofrece o Cap Cut.


  • Prácticas encadramento, composición e  guión (2).pdf Prácticas encadramento, composición e guión (2).pdf
    16 de decembro de 2024, 7:21 PM
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle