Ir ao contido principal
AVCachada
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVCachada
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. FOPP
  3. FACER UN CURRÍCULUM VITAE
  4. Currículum Vitae

Currículum Vitae

Requisitos do completado
Abertas: domingo, 15 de outubro de 2023, 12:00 AM
Pendente: domingo, 22 de outubro de 2023, 12:00 AM

Tes que facer dous currículums: 

- o teu CV actual

- un CV idealizado coa formación necesaria para optar coas maiores posibilidades a un traballo que che gustaría desenvolver nun futuro


Tes que seguir os seguintes pasos:

  1. Información persoal: o teu nome, dirección, número de teléfono e correo electrónico.
  2. Formación académica: os teus estudos universitarios, de formación profesional ou de idiomas.
  3. Experiencia laboral: os teus postos de traballo anteriores, con datas, empresas e descricións das funcións que desempeñaches.
  4. Habilidades: as túas habilidades e competencias, tanto técnicas como persoais.
  5. Idiomas: os teus coñecementos de idiomas, co nivel de dominio.

Consellos para escribir un currículum vitae eficaz:

  • Se breve e conciso. O teu currículo vitae debe ser fácil de ler e entender.
  • Destaca os teus logros. En lugar de simplemente enumerar as túas responsabilidades, destaca os teus logros e éxitos.
  • Personaliza o teu currículo vitae. Adapta o teu currículo vitae ao posto de traballo ao que te estás postulando.
  • Utiliza unha linguaxe activa. En lugar de usar unha linguaxe pasiva, usa unha linguaxe activa para describir as túas habilidades e experiencias.

Formatos de currículo vitae:

  • Currículo vitae cronolóxico: este formato é o máis tradicional e organiza a información de forma cronolóxica, desde a máis recente ata a máis antiga.
  • Currículo vitae funcional: este formato destaca as túas habilidades e competencias, independentemente da túa experiencia laboral.
  • Currículo vitae combinado: este formato combina elementos do currículo vitae cronolóxico e do currículo vitae funcional.


Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle