Section outline

    • MOI IMPORTANTE: EXPOSICIÓNS.

      Tal como algúns de vós fixéstedes xa comigo antes de ter que coller a baixa a exposición deberá ser gravada en vídeo no móbil de cada persoa para manter a protección de datos. Durante a gravación NON se pode parar NIN corrixir se alguén fala incorrectamente o galego ou se pon a falar en castelán. Estades nunha proba e isto NON SE PERMITE. DE FACELO A PROBA OBTERÁ UNHA CUALIFICACIÓN DE 0.

      Si podedes parar a gravación cada 15 minutos e volver a reiniciala pero só para que os vídeos sexan máis curtos e os poidades mandar por correo ou adxuntalos nas tarefas, tal como tendes que facer e vos foi explicado. 

      Se a alguén se lle ocorreu ir parando e modificando erros, ten a opción de repetir a gravación na casa e mandala de novo, pero non se permitirá a partir de agora. A ninguén se lle tería ocorrido isto comigo na clase. Estades a falar dun 20% da nota trimestral.