Beleza vermella

Carátula Beleza vermella
Fernando Pazos García. Carátula Beleza vermella (CC BY-NC-SA)

Fíxate o que di a reseña da editorial Galaxia sobre Beleza vermella:

"Logo do éxito de Deixe a súa mensaxe despois do sinal, regresa Arantza Portabales cunha novela negra arrasadora. En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda. Todo o cuarto cuberto uniformemente co sangue da vítima. Será que matar pode ser unha forma de arte?

Seis persoas, todas achegadas á vítima, son sospeitosas, porque todas poderían ter motivos para cometer o crime. Polo medio, paixón sen control e un manexo da intriga que fai desta autora unha das voces cruciais da novela negra galega contemporánea."

Resulta difícil subtraerse á lectura dunha novela cando a describen deste xeito: rápida, trepidante, imprevisible que, ademais, desenvolve outras tramas moi centradas na realidade: a relación persoal entre os policías Abad e Barroso, que xa son un tándem coñecido para as persoas afeccionadas ao xénero negro, ademais do incisivo estilo que despregan para desenvolver a investigación.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0