Actividades
Intertextualidade
Nos contidos teóricos da unidade dedicada a María Xosé Queizán, vimos que unha das características das novas tendencias narrativas era a intertextualidade, isto é, a presenza dentro dunha manifestación artística, doutras manifestacións artísticas.
Beleza vermella é unha novela toda ela que dialoga con outras disciplinas artísticas, concretamente coa escultura, a fotografía e a pintura.
No fragmento aparece un título dunha composición musical para ballet, escríbea debaixo (son dúas palabras!)
Analepse ou flash-back
O texto que abre esta unidade didáctica constitúe no seu conxunto un gran salto cara atrás no tempo: dende o presente, Lía está a recordar unha vivencia que lle pasou con súa nai e súa irmá no pasado, unha vivencia que ten a ver con algo que aconteceu no presente. Trátase dun recurso moi frecuente na narración que recibe o nome de analepse ou flash-back.
No texto que segue, escolle as palabras correctas nos despregables para que teña coherencia.
Ordenadamente, por favor!
Ordena as partes en que pode dividirse o relato historia. Debes empregar as frechas que están á dereita para subir ou baixar as opcións e situalas no seu lugar correcto.
- Lía prepárase a recordar unha trasnada que fixo.
- Introduce unha reflexión sobre a súa infancia e a percepción que tiña de súa nai.
- Conta a trasnada.
- Conta as consecuencias da trasnada.
- Explica como a súa irmá a axudou e se solidarizou con ela aínda sabendo que era culpable.
- No presente, Sara repítelle o que lle dixera no pasado, dando a entender que Lía é, novamente culpable. Serao?