A novela negra

A novela negra é un xénero narrativo que está moi de moda dende mediados do século XX e que na actualiade está a vivir un momento doce en todo o mundo. Tradicionalmente non se considerou que fose un xénero novelístico de alta cultura, senón máis ben un xénero menor que non encerraba grandes complicacións para a lectura nin tampouco para escritura.

Raymond Chandler explicaba que a novela negra é a que retrata o mundo profesional do crime. Débelle o nome, por un lado, á revista estadounidense Black Mask e á colección Série Noir francesa, e por outro, á atmosfera "escura" en que se ambienta.

Carátula Black Mask (CC BY-NC-SA)
Interior revista Black Mask
Interior da revista Black Mask (CC BY-NC-SA)

O termo asóciase a un tipo de novela policial en que a resolución do misterio non é o único obxectivo narrativo. As fronteiras entre o ben e o mal están embazadas, polo que é moi frecuente que desenvolver empatía por personaxes que teñen un comportamento abertamente antisocial ou contrario ao social ou moralmente entendible.

A novela negra reflicte unha atmosfera asfixiante de medo, violencia, inxustiza, inseguridade e corrupción do poder político e moitas veces tamén o policial. A súa orixe remóntase ás primeiras décadas do século XX, cando a crise económica após a Primeira Guerra Mundial (1914-1918) e a Gran Depresión (1929) fixo aflorar o crime organizado e o gansterismo.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0