Deportes Colectivos

Neste grupo de actividades imos intentar coñecer e diferenciar o referente aos deportes colectivos ou sociomotrices.
Aínda que coñeceremos deportes que ben podemos ver en retrasmisións deportivas imos pouco a pouco adentrándonos naqueles cos que podemos convivir ou practicar nas nosas clases de EF.

Para coñecer un pouco máis destes deportes e das súas características teremos en conta as clasificacións que mencionamos na parte máis teórica e que veñen representadas en cuadros de:

a) Deportes de Cooperación
b) Deportes de Oposición
c) Deportes de Cooperación/oposición